Alonso de Covarrubias

arquitecto español

Alonso de Covarrubias, nado en Torrijos, actual provincia de Toledo en 1488 e finado na mesma cidade en 1570, foi un arquitecto e escultor español do Alto Renacemento español.

Alonso de Covarrubias
Fachada de Covarrubias..jpg
Nacemento1488
 Torrijos
Falecemento1570
 Toledo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e escultor
FillosDiego de Covarrubias y Leyva e Antonio Covarrubias y Leyva
Coñecido porCathedral of La Magdalena
editar datos en Wikidata ]
Retablos de Santa Librada e Fadrique de Portugal na catedral de Sigüenza.

TraxectoriaEditar

Era fillo de Sebastián Martínez de Covarrubias e María Gutiérrez de Leyva. O seu pai era un afamado bordador de Gerindote e a súa nai era natural desta pequena poboación. Segundo as investigacións de García Rey, que foi o primeiro que deu co lugar do seu nacemento, Covarrubias naceu en Torrijos en 1488.

A súa primeira formación recíbea de Antón Egas na cidade de Toledo. Por estes primeiros anos da súa vida relacionouse en Torrijos con Antón e Enrique Egas, así como con Juan Guas, de quen recibiría os coñecementos para comezar no mundo da arte. Tamén por estes primeiros anos marchou a Salamanca para aconsellar sobre a localización que se daría á nova catedral que se pensaba construír. Isto quere dicir que xa tiña prestixio no mundo da arquitectura.

En 1510 Covarrubias casou con María Gutiérrez de Egas, filla de Miguel Sánchez e Margarita Gutiérrez. O informante, Pedro de Carvajal,[Cómpre referencia] dá este dato e ademais aclara que a esposa de Covarrubias era “sobriña ou neta” do arquitecto Antón Egas, polo que o seu parentesco non está aclarado. Nese mesmo ano, 1510, aparece traballando como escultor na Igrexa de San Andrés (Toledo), na execución dos sepulcros de Alonso e Mariana de Rojas, de factura tardogótica.

A partir desta obra abandona a órbita tardogótica, para inclinarse pola profusión ornamental; o contacto coa escola de Sigüenza ou os traballos dos artistas do Hospital de Santa Cruz de Toledo serían as influencias que o induciron a tal cambio. O certo é que en 1514 colabora con Enrique Egas no hospital toledano e que entre 1515 e 1517 visitou varias veces Sigüenza, onde recibiu a influencia de Francisco de Baeza e executou dúas das súas obras máis recargadas no ornato: o retablo de Santa Librada e a tumba do bispo Fadrique de Portugal, no cruceiro da catedral. En 1526 asinou o seu primeiro contrato en Guadalaxara para a construción dun convento. En 1531 interveu na capela dos Reis Novos da catedral toledana, onde se dedicou fundamentalmente á decoración. Entre 1532 e 1534 interveu na sancristía maior da Catedral de Sigüenza. Atribúenselle as trazas dalgúns edificios construídos por iniciativa do arcebispo Alonso de Fonseca: o colexio Maior de Santiago o Zebedeo de Salamanca e o Colexio Maior de Santiago Alfeo en Santiago de Compostela. Entre 1534 e 1570 encargouse da parroquia de San Benito de Abad, de Yepes, por encargo do cardeal Tavera.

Obras principaisEditar

 
Fachada do Hospital de Tavera en Toledo.

En 1534 foi nomeado mestre de obras da Catedral de Toledo e da súa Diocese (de gran extensión), polo que o podemos atopar realizando obras en numerosas poboacións do centro peninsular. Tamén se lle encarga trazar a Igrexa Maior de Baza, en estilo renacentista. En 1537 recibiu un novo nomeamento de responsabilidade importante, pois foi designado arquitecto do Real Alcázar de Madrid, cargo que compartiu con Luis de Vega; pero en 1543 este foi destinado á zona de Madrid e Covarrubias quedou como responsable da área de Toledo. Máis tarde realiza obras tan importantes como o claustro do Convento de Santo Domingo en Ocaña, ou a fachada e claustro do Palacio Arzobispal de Toledo, construído entre 1541 e 1545, no que se aprecia a superposición de ordes.

O Hospital de San Xoán Bautista de Toledo, tamén coñecido como Hospital de fóra ou de Tavera, é unha das construcións máis representativas do Covarrubias renacentista. Entre 1548 e 1549 trazou as cabeceiras das igrexas da Madalena de Xetafe (actual provincia de Madrid) e do mosteiro xerónimo de Santa Catalina de Talavera de la Reina (actual provincia de Toledo). Cara a 1552 constátase a súa actuación no mosteiro de San Agustín, na sancristía da parroquia de Almorox (Toledo), na igrexa de San Román (Toledo), na casa de don Diego López de Ayala (Casasbuenas, actual provincia de Toledo), no concello e parroquia de Illescas, na de Corral de Almaguer e na torre da de Olías del Rey.

Pouco despois interveu no urbanismo de Toledo, deseñando o ensanche da praza do Concello de Toledo, a remodelación da Sinagoga de Santa María a Branca e unha intervención na Porta Nova de Bisagra. Planeou a Colexiata de Torrijos. Outra obra a destacar, xa na provincia de Guadalaxara, é o deseño do retablo maior da igrexa de santa María Magdalena da localidade de Mondéjar, Guadalaxara, ao que deu volume o artista granadino Juan Correa de Vivar. O retablo foi destruído na época da II República, aínda que hoxe pódese gozar dunha copia exacta no emprazamento do orixinal, feita polo taller de imaxinaría de arte Martínez de Horche e o pintor Rafael Pedrós, que dificilmente se distinguiría do orixinal. Tamén destaca a súa obra no pobo abulense de Cebreros, construíndo a igrexa de Santiago Apóstolo, que presenta unha planta rectangular de tipo hallenkirche.

Outras obrasEditar

Outras obras que efectuou en Toledo son: a remodelación do convento de San Clemente, das Carnicerías Maiores e da porta da Presentación da Catedral. Merece a pena destacar, igualmente, obras da categoría do convento de Carmelitas de Alcalá de Henares, a reestruturación da igrexa da Encarnación de Baza (actual provincia de Granada), o mosteiro de San Miguel de los Reyes (Valencia), o Palacio Ducal de Pastrana (actual provincia de Guadalaxara) e a súa intervención na Catedral de Plasencia e no mosteiro de Guadalupe (actual provincia de Cáceres).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar