Afonso de Aragón (arcebispo de Zaragoza)

(Redirección desde «Alonso de Aragón»)

Afonso de Aragón, tamén coñecido como Alonso de Aragón, nado en Cervera en 1470 e finado en Lécera, Reino de Aragón, o 24 de febreiro de 1520, foi un cardeal español que ostentou os cargos de arcebispo de Valencia, vicerrei de Aragón e arcebispo de Zaragoza.

Afonso de Aragón
Arcebispo de Valencia
Vicerrei de Nápoles
Vicerrei de Aragón
Arcebispo de Zaragoza
Busto de Alonso e Aragón na Praza Maior de Salamanca
Arcebispo de Valencia
23 de xaneiro de 1512 - 24 de febreiro de 1520
PredecesorPedro Luís de Borja Llançol de Romaní
SucesorÉrard de La Marck
Vicerrei de Aragón
1517-1520
PredecesorFernando II de Aragón
SucesorXoán V de Lanuza

Nacemento1470
Cervera
Cónxuxe/sAna de Gurrea
DescendenciaVéxase #Descendencia
Casa realTrastámara
ProxenitoresFernando II de Aragón
Aldonza de Ivorra

Escudo de Afonso de Aragón (arcebispo de Zaragoza)
Escudo do arcebispo Afonso de Aragón

Traxectoria editar

Foi o primeiro fillo natural do rei Fernando o Católico e de Aldonza Ruiz de Ivorra,[1][2][3][4] nobre catalá,[5] pertencente ás casas dos señores de Portell de Morella e de Les Fenolleres. Naceu na vila de Cervera.[6]

Afonso de Aragón destacou máis no plano político que no eclesiástico, xa que a súa carreira relixiosa non foi máis que a continuidade de que a Igrexa aragonesa estivera rexida por algún membro da casa real. Así, á morte do arcebispo de Zaragoza, Xoán de Aragón,[1] fillo ilexítimo do rei Xoán II, este propuxo que o seu neto de cinco anos o sucedera pero, debido á súa curta idade e pola oposición da Santa Sé á política de control da Igrexa aragonesa dese rei, o papa Sisto IV designou ao valenciano Ausias Despuig. Porén, as presións continuaron e, tras a renuncia de Despuig, o papa confirmou a Afonso como arcebispo tres anos despois, en 1478.[7]

Foi ordenado sacerdote o 7 de novembro de 1501 polo bispo de Calahorra, Xoán de Ortega. Non celebrou máis misa que a do día da súa ordenación, recibindo a consagración episcopal o día seguinte, 8 de novembro de 1501, polo mesmo prelado.[8]

En 1505 foi nomeado arcebispo do vasto estado feudal de Monreale, en Sicilia, renunciando en 1512.[9] En 1507 foi designado lugartenente xeral do rei (vicerrei) no reino de Nápoles, en substitución de Gonzalo Fernández de Córdoba.[10]

A instancias do seu pai, o rei Fernando II, o papa Xulio II nomeou a Afonso de Aragón arcebispo de Valencia o 23 de xaneiro de 1512. Tomou posesión desta arquidiocese por medio do seu procurador, Gil Español, o día 4 de abril de 1512, previa autorización concedida ante o notario Gaspar Barrachina en Zaragoza, en data do 25 de marzo de dito ano.[8] Residiu normalmente en Zaragoza, non visitando nunca a diocese de Valencia, na que tivo como bispo auxiliar ao franciscano Lluís Guillem.[8] Nese mesmo ano de 1512 mandou as tropas que cercaron e renderon a cidade de Tudela na conquista de Navarra pola Coroa de Aragón, cando aínda non autorizaran a mesma nin as Cortes de Aragón nin a cidade de Zaragoza.[11]

Ao morrer o seu pai en 1516, este, no seu testamento, deixouno como lugartenente xeral de Aragón, cos demais territorios da Coroa de Aragón, até a chegada á península, procedente de Flandres, do seu sobriño Carlos, como gobernador xeral da raíña Xoana, feito que se produciu en 1517. O comportamento que o príncipe adoptou nun principio, como rei no seu nome e no da súa nai Xoana, non foi aceptada polas institucións aragonesas, e que provocou nos Reinos de Valencia e de Mallorca a rebelión das Xermanías (1520-1522, paralela á rebelión das Comunidades de Castela.[8] O baleiro de poder non se emendou até novembro de 1528, cando Carlos I outorgou un perdón xeral e confirmou a Afonso como lugartenente xeral do reino, cargo que ocupou até a súa morte.

A pesar de que se comportou máis como príncipe secular que da Igrexa, cumpriu correctamente coas súas obrigas de administrador eclesiástico; a este fin, convocou un Concilio Provincial que se celebrou en xuño de 1517. Aínda que estivo ausente, asistiron o bispo Auxiliar, o cabido e membros do clero. Neste Concilio tratouse principalmente da décima, taxa decretada polo papa León X para predicar a Cruzada contra os turcos. Tamén se preocupou de que se construíse o Hospital Xeral, no mesmo lugar en que se encontraba o hospital de tolos que, en 1410, fundara o padre Joan Gilabert Jofré.[8] Afonso, como arcebispo de Zaragoza, realizou tamén importantes obras na Catedral do Salvador de Zaragoza (A Seo do Salvador).

Regresando Afonso de Aragón de Barcelona, onde moraba como vicerrei, morreu camiño de Zaragoza, o 24 de febreiro de 1520. Foi sepultado no Mosteiro de Santa Engracia, para ser posteriormente trasladado á capela maior da Catedral zaragozana.

Descendencia editar

Con Ana de Gurrea (1470-1527) parece que tivo non menos de sete fillos:

Predecesor:
Fernando II de Aragón
Vicerrei de Aragón
1517-1520
 
Sucesor:
Xoán V de Lanuza
Predecesor:
Ausias Despuig

Arcebispo de Zaragoza

1478-1520
 
Sucesor:
Xoán de Aragón
Predecesor:
Pedro Luís de Borja Llançol de Romaní
Arcebispo de Valencia
1512-1520
 
Sucesor:
Érard de La Marck

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar