Alonso Mancebo foi un rexedor do concello de Pontedeume no século XVI. A súa dona, Catalina Torquemada deixou no seu testamento en 1548 todos os seus bens ao seu marido, mais impón a condición de que se respectasen as catro capelanías na capela que fundaran, e que o sobrante do destinado a tal fin fora para casar orfos e vestir pobres.

Infotaula de personaAlonso Mancebo

O testamento de Alonso Mancebo e do ano 1557, e nel mantén as condicións impostas pola súa dona. Xorde deste modo a que sería coñecida como Obra Pía de Mancebo, que actuou como tal durante tres séculos. A partir de 1838 o diñeiro destinouse á instrución pública.

Unha rúa do centro histórico de Pontedeume leva o seu nome por acordo da corporación municipal de 14 de decembro de 1895.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar