Alonso Berruguete
Alonso Berruguete, nado en Paredes de Nava, Palencia en 1490 e finado en Toledo en 1561, foi un escultor castelán do manierismo, fillo do pintor Pedro Berruguete. Tamén fixo obras pictóricas.
Alonso Berruguete | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1488 e c. 1486 |
Lugar de nacemento | Paredes de Nava |
Falecemento | 1561 e setembro de 1561 |
Lugar de falecemento | Toledo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor, escultor e arquitecto |
Pai | Pedro Berruguete |
Coñecido por | Madona com Menino e Salome with the head of John the Baptist |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aprendeu pintura e escultura no taller familiar; as súas obras de entón evidencian o contacto cos escultores activos en Castela, fundamentalmente en Burgos, Ávila, Valladolid e Palencia. Desde 1507 estivo en Italia ampliando os seus coñecementos de pintura, principalmente en Florencia, onde debeu chegar cara a 1512. Alí é citado varias veces por Vasari, quen constata os seus contactos con Bramante, Michelangelo e Leonardo da Vinci. Estivo entre os manieristas toscanos discípulos de Andrea do Sarto e hai quen afirma que participou activamente na xénese do manierismo pictórico florentino. Copiou o Laocoonte recentemente descuberto en Roma por encargo de Bramante, e iso fai supor que se aliñaba no grupo rival de Michelangelo Buonarrotti.
Os longos anos de estancia en Italia permitíronlle coñecer profundamente aos mestres do Quattrocento e os modelos da escultura grecolatina clásica; na súa obra hai unha admiración profunda pola obra de Donatello, quen lle inspira algúns tipos, e, desde logo, Miguel Anxo, polos seus volumes rotundos e a atormentada terribilitá da súa obra final. De Leonardo da Vinci aprendeu a individualizar os rostros, a pesar do cal todas influencias confluíron nun estilo moi persoal e un temperamento fortemente expresivo, que se reflicte nas súas figuras dun contorno llameante e anguloso que revive a estética do Gótico. Vasari considera que en Florencia copiou os cartóns de Michelangelo realizados para a decoración da sala do Gran Consello.
Galería de obrasEditar
Salomé, Galería Uffizi (Florencia)
Martirio de san Sebastián, Museo Nacional de Escultura
Sacrificio de Isaac, escultura de madeira policromada parte do retablo do mosteiro de San Benito, en Valladolid, actualmente no Museo Nacional de Escultura de Valladolid
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Camón Aznar, José (1979). Espasa-Calpe, ed. Berruguete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.
- Ricardo de Orueta, Berruguete y su obra, Madrid, 1917. Ed. corrixida e prologada: Madrid, Ministerio de Cultura-Museo Nacional Colexio de San Gregorio, 2011 ISBN 978-84-8181-024-7.
- VV. AA., Museo Nacional Colegio de San Gregorio. Colección / Collection, Madrid, Ministerio de Cultura, 2009. (Ed. bilingüe, Saint Gregory's College National Museum), ISBN 978-84-8181-422-4
- Camón Aznar, José (1979). Espasa Calpe, ed. Berrugete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alonso Berruguete |