Alondra de la Parra

directora de orquestra mexicana

Alondra de la Parra Borja,[1] nada na Cidade de Nova York o 31 de outubro de 1980,[2] é unha directora de orquestra mexicana. Dende 2017 é Directora Musical da Queensland Symphony Orchestra, sendo a primeira muller en converterse en directora principal dunha orquestra australiana.[3] Alondra de la Parra é Embaixadora de UNICEF e Embaixadora Cultural de México.[4]

Infotaula de personaAlondra de la Parra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónManhattan School of Music (en) Traducir
St Leonards-Mayfield School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirectora de orquestra , pianista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano e violoncello Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMane de la Parra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webalondradelaparra.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: alondradlp Souncloud: alondradelaparra Spotify: 1WsQ6agpH5ybgaryTl3gyP Musicbrainz: 0d29e243-4786-4f13-a89e-36e60e7c074d Songkick: 3349836 Discogs: 4723035 Allmusic: mn0002487398 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Alondra de la Parra naceu en Nova York (Estados Unidos) o 31 de outubro de 1980, filla de Manelick de la Parra, un escritor e editor, e Graciela Borja, unha socióloga e educadora,[5] ambos mexicanos. Aos dous anos trasladouse coa súa familia á Cidade de México.[6]

Aos sete anos comezou a tocar o piano e posteriormente, aos trece comezou a estudar violonchelo.[7] Aos 15 anos marchou estudar un ano ao St. Leonard's-Mayfield School en Inglaterra.[8][9] Estudou piano e dirección orquestral pola Manhattan School of Music de Nova York, recibido a Bolsa Presser e lincenciouse en ambas disciplinas con Jeffrey Cohen e Kenneth Kiesler respectivamente.[10][11]

Co obxectivo de promover e difundir a obra de novas personalidades da composición en América, en 2004 fundou a Orquesta Filarmónica de las Américas, con sede en Nova York.[10][12]

En Galicia editar

O 30 de setembro de 2022 dirixiu por primieira vez, cumprindo así un dos seus desexos, a Orquestra Sinfónica de Galicia.[13][14]

Familia e vida persoal editar

Alondra de la Parra é filla de Graciela Borja e Manelick de la Parra, este último escritor e fillo da escritora mexicana Yolanda Vargas Dulché. Ten un irmán, Mane de la Parra, que é cantante e actor. En 2004 casou con Carlos Zedillo Velasco, o terceiro fillo do expresidente mexicano Ernesto Zedillo, divorciándose dous anos despois. Ten dous fillos, Luciano e Julián, froito da súa relación con Teo de María, batería da banda de rock mexicana Liquits.[15]

Notas editar

  1. Paul, Carlos (20 de setembro de 2005). "La directora de orquesta Alondra de la Parra debuta con la Sinfónica Nacional". La Jornada (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. "31 de octubre de 1980, nace Alondra de la Parra" (en castelán). Instituto Mexicano de la Radio. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. Paget, Clive (23 de outubro de 2015). "Meet the Queensland Symphony's trailblazing new Music Director". Limelight (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  4. "Alondra de la Parra" (en inglés). Deutsche Welle. 20 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  5. Gurewitsch, Matthew (1 de xuño de 2008). "A Baton for the Youth of the Americas". The New York Times (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  6. Valls, Luis (30 de decembro de 2013). "Alondra de la Parra: liderazgo en la música". Forbes México (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  7. Lavín, Mónica (2016). "Esculpir la música". Mexicontemporáneo: Panorama de creadores (en castelán). Aguilar. ISBN 6073148607. 
  8. Mary Zeiss Stange; Carol K. Oyster; Jane E. Sloan, eds. (2013). The Multimedia Encyclopedia of Women in Today's World (en inglés). SAGE Publications. ISBN 1452270376. 
  9. Swerdloff, Alexis (16 de decembro de 2004). "Her Gestures Speak Louder Than Words". The New York Sun (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  10. 10,0 10,1 Sánchez, Rosalía (16 de febreiro de 2019). "Alondra de la Parra: «La mejor manera de respetar y apoyar a la mujer es no hacer de esto un tema»". ABC (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  11. Campin, Guillermo (4 de decembro de 2015). "Tienes que conocer a Alondra de la Parra, la directora de orquesta dueña de un estilo único". beethovenfm.cl (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  12. Sánchez, Luis Carlos (5 de xuño de 2011). "Orquesta Filarmónica de las Américas suspende actividades ante la baja del financiamiento privado, la agrupación dirigida por Alondra de la Parra, suspendió su temporada 2011-2012". Excelsior (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  13. Guillermo, Nuria (20 de setembro de 2022). "Laverca da Parra [sic], directora de orquestra: «Os que deciden creen que ser home ou muller ten que ver coa capacidade»". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  14. Música, LVG (1 de outubro de 2022). "Éxito de la Sinfónica en el primer concierto de la temporada". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  15. Villar, Andrea (1 de agosto de 2018). "Conoce a la familia de Alondra de la Parra" (en castelán). revistaclase.mx. Consultado o 14 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar