Coordenadas: 19°03′S 169°54′O / -19.05, -169.9

Alofi é a capital de Niue, un país situado no Océano Pacífico. Ten unha poboación estimada de 639 habitantes segundo o censo realizado en 2011. A cidade esta formada por dous barrios; Alofi Norte e Alofi Sur, sendo este último o máis poboado e onde se atopa a sede do goberno. Alofi ten a distinción de ser a segunda cidade capital de país máis pequena en termos de poboación (logo de Ngerulmud, capital de Palau).

Alofi
Alofi.jpg
Vista dunha das rúas da localidade
Localización
Alofi en Niue
Alofi
Alofi
PaísNiue Niue
Xeografía
Altitude21 msnm
Superficie46,48 km²
Demografía
Poboación614 hab. (2011)
Densidade13,2
Outros datos
http://www.gov.nu/wb/

XeografíaEditar

Atópase no centro da baía Alofi na costa oeste da illa, preto do único paso no arrecife de coral que rodea a Niue a unha distancia de 2481´43 km de Auckland, capital de Nova Zelandia. A baía esténdese polo 30% da lonxitude da illa (uns sete quilómetros) desde Halagigie Point no sur ata Makapu Point no norte.

HistoriaEditar

En xaneiro de 2004, o ciclón Heta matou dúas persoas e destruíu a maior parte da illa, incluíndo o hospital. Os edificios gobernamentais foron, a partir de entón, transferidos a unha área menos exposta chamada Fonauakula, que se sitúa 3 km cara ao interior da illa,[1] pero aínda dentro dos límites de Alofi Sur.

ClimaEditar

Alofi conta cun clima ecuatorial na Clasificación climática de Köppen, sen unha perceptible tempada seca. A cidade conta cunha tempada notablemente máis seca de xuño a setembro. Pero, todos estes meses cae unha media de máis de 60 mm de choiva, o límite para un mes seco. Do mesmo xeito que outras cidades con este clima, as temperaturas medias mantéñense relativamente constantes durante todo o ano, a 25 graos Celsius.

TransportesEditar

A gran maioría das rúas da cidade atópanse pavimentadas, na cidade non existen liñas de autobús debido a que non é necesario pola súa baixa poboación, o que se que existen son autobuses que se collen no centro da cidade e trasládanche a outro punto de Niue, tamén existen algúns cidadáns que a cambio de algo de diñeiro exercen de taxistas, posto que a localidade tampouco dispón de taxis. No terreo aéreo, a cidade é servida polo Aeroporto Internacional de Niue, situado 7 km ao norte da mesma e que ten voos operados por Air New Zealand con destino Nova Zelandia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar