Almuric

Número de maio de 1939 de Weird Tales, que incluía a primeira parte de Almuric de Robert E. Howard.

Almuric é unha novela curta de Robert E. Howard publicada orixinalmente en inglés na revista pulp Weird Tales en maio de 1939.

TramaEditar

O protagonista, Esau Cairn, é un home nacido no suroeste dos EUA a principios do século XX. É un "desprazado", un tipo violento e un personaxe nado fóra da súa época aínda que de grande intelixencia, por tal motivo abandona os estudos e dedícase ao deporte. Por azar, entra nun laboratorio e alí, un científico, o profesor Hildebrand, decide lanzalo cunha máquina a un tempo e lugar diferentes, a un planeta primitivo e estraño chamado "Almuric". A partir de aí comezan unha serie de aventuras cun contexto filosófico moi do gusto do seu autor, Robert E. Howard.