Almeida, Boyacá

concello colombiano do departamento de Boyacá

Coordenadas: 4°58′14″N 73°22′43″O / 4.97056, -73.37861

Almeida é un concello colombiano, que se atopa na provincia do Oriente, no departamento de Boyacá. Atópase a carón do encoro la Esmeralda que abastece a central hidroeléctrica de Chivor. Está comunicado vía terrestre co concello de Guateque, do cal dista 27,5 km.

Almeida, Boyacá
Flag of Almeida (Boyacá).svg
Coats of arms of None.svg
Almeida Parque.JPG
Parque central de Almeida.
Localización
Almeida en Colombia
Almeida
Almeida
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
RexiónOriente
Xeografía
Altitude1925 msnm
Superficie57,98[1] km²
Demografía
Poboación1.754 (2015)[2][3]
Densidadehab/km²
XentilicioAlmeiduno, -a
Outros datos
AlcaldeOrlando Castañeda Montenegro (2020-2023)
Páxina oficial

HistoriaEditar

O concello foi fundado nunha verea de nome Yavir do concello de Somondoco o 26 de abril de 1889, baixo o nome de La Santísima Trinidad, na honra de tres bispos da rexión. Posteriormente foi cambiado o nome polo actual Almeida, como tributo aos irmáns Almeida que loitaron pola independencia na batalla de Boyacá.

O 28 de agosto de 1906, erixiuse como a Parroquia da Trinidad. O 24 de setembro de 1907, efectuouse a fundación oficial por medio do Acordo Departamental No. 003 do 4 de xullo de 1907, baixo a presidencia do xeneral Rafael Reyes.

NotasEditar

  1. "Información general de Almeida". Alcaldía do concello. Consultado o 1 de maio de 2015. [Ligazón morta]
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. Censo de 2005

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externasEditar