Alloteuthis subulata

Alloteuthis subulata

Alloteuthis subulata
Estado de conservación
CC (sen datos)[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decapodiformes
Orde: Teuthida
Suborde: Myopsina
Familia: Loliginidae
Xénero: Alloteuthis
Especie: A. subulata
Nome binomial
Alloteuthis subulata
(Lamarck, 1798)
Sinonimia
Véxase o texto

Alloteuthis subulata é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos, unha das tres que integran o xénero Alloteuthis.[2]

É unha especie moi semellante a outra do mesmo xénero, Alloteuthis media.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1798 polo zoólogo francés Jean-Baptiste Lamarck,[2] no seu traballo "Extrait d'un Mémoire sur le genre de la Sèche, du Calmar et du Poulpe, vulgairement nommés, Polypes de Mer". Bulletin des Sciences, par la Societe Philomatique de Paris. 1 (17): 129-131.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Alloteuthis subulatus (Lamarck, 1798)
  • Loligo media (Linnaeus, 1758) sensu Forbes & Hanley, 1853
  • Loligo spiralis de Férussac, 1823
  • Loligo subulata Lamarck, 1798 (protónimo)
  • Sepia subulata Bosc, 1802

Nomes galegos editar

Rolán e Otero Schmitt danlle os nomes castelanizados de puntilla e calamar,[3] mentres que Lahurta e Vázquez denomínana puntilla común.[4]

Nota taxonómica editar

Análises moleculares recentes suxiren que Alloteuthis subulata e A. media poden seren conespecíficas, e que son os extremos dun gradiente morfolóxico.[5] De confirmarse isto, o nome Alloteuthis media aplicado por Carl Linnaeus no seu Systema Naturæ en 1758 tería prioridade sobre Alloteuthis subulata de Jean-Baptiste Lamarck, que data de 1798.[2] Porén, outras análises suxiren que ambas son dúas especies irmás que poden separarse de maneira confiábel polo tamaño dos tentáculos centrais e que, de feito, existe unha diverxencia xenética entre as poboacións de A. media do Atlántico e do Mediterráneo.[6]

Características editar

É moi semellante, e co manto do mesmo tamaño (20 cm) a Alloteuthis media, da que difire por ser o seu corpo algo máis estreito, e por ter os tentáculos máis curtos.[3]

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Tanto Alloteuthis media como a súa conxénere A. subulata, son demersais,[1] e viven sobre fondos areosos e lamacentos,[3] pero tamén poden estar presentes sobre substratos duros.[1]

Vive entre a superficie e os 500 m de profundidade.[3]

Distribución editar

Alloteuthis subulata encóntrase no océano Atlántico oriental, desde Noruega, o mar Báltico occidental, o mar do Norte até o sur do noroeste de África, e no mar Mediterráneo.[7]

En Galicia é abundante.[3]

Ameazas editar

A pesca non regulada é unha ameaza potencial para esta especie.[1]

Estado de conservación editar

Os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como CC (sen datos) porque se require unha investigación taxonómica para delimitarla da súa conxénere Alloteuthis subulata. Dado que esta especie se explota en gran parte da súa área de distribución, requírese con urxencia este traballo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Allcock, A. L. & Taite, M. (2019): Alloteuthis subulata na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 21 de marzo de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Alloteuthis subulata (Lamarck, 1798) no WoRMS. Consultado o 20 de marzo de 2020.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rolán & Otero Schmitt 1996, p. 277.
  4. Lahuerta & Vázquez 2000, p. 293.
  5. Vecchione, Michael & Richard E. Young (2010): Alloteuthis media (Linnaeus 1758) Midsize squid. The Tree of Life Web Project. Consultado oo 21 de marzo de 2020.
  6. P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. (2010): Cephalopods of the World an Annotated and Illustrated Catalogue of Cephalopod Species Known to Date. Volume 2 Myopsid and Oegopsid Squids. Roma: FAO. ISBN 978-92-5106-720-8, pp. 48–49.
  7. Jereb, P.; Allcock, A. L.; Lefkaditou, E.; Piatkowski, U.; Hastie, L. C. & Pierce, G. J., eds. (2015): Cephalopod biology and fisheries in Europe: II. Species Accounts. Co-operative Research Reports Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Copenhagen: ICES. ISBN 978-87-7482-155-7.

Véxase tamén editar

Blbliografía editar

  • Anderson, F. E. et. al. (2008): "Systematics of Alloteuthis (Cephalopoda: Loliginidae) based on molecular and morphometric data". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 364: 99-109.
  • Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Patrimoines Naturels 50: 180-213.
  • Jereb, P.; Vecchione, M. & Roper, C. F. E. (2010): "Family Loliginidae". En P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 4, Vol. 2. Roma: FAO.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multiligüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Rolán, Emilio e Jorge Otero Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISNB 84-8288-072-1.

Outros artigos editar