All We Know Is Falling

All We Know Is Falling é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Paramore, publicado o 26 de xullo de 2005 a través do selo Fueled by Ramen Records. O disco acadou o número 8 na lista británica de rock. Nos Estados Unidos acadou o posto 30 da lista da Billboard Heatseekers Chart, pero non entrou na Billboard 200.

All We Know Is Falling
Álbum de Paramore
Gravación2005
Duración35:47
Xénero(s)rock alternativo, pop punk, emo
Selo(s)Fueled by Ramen Records
Producido porJames Wisner, Mike Green
Cronoloxía
- All We Know Is Falling The Summer Tic EP

Segundo o A&R de Paramore en Atlantic Records, Steve Robertson, en vez de darlle á súa estrea un importante impulso nas radios, cria que a banda debía comezar aos poucos coñecéndose grazas ao boca a boca. Robertson dixo: "quería que os rapaces descubrisen a banda sen meterllela polas gorxas".

Cara xullo de 2010, o disco vendera ao redor de 528,000 copias nos Estados Unidos, aínda que antes de ser editado Riot! vendera unhas 50.000 unidades. En setembro de 2005 apareceu unha edición especial no Xapón co tema inédito "Oh, Star". O 26 de maio de 2009 publicouse unha edición deluxe exclusivamente a través de iTunes, con dous temas ao vivo e tres vídeos musicais.

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Hayley Williams, agás onde se indica, toda a música composta por Williams & Josh Farro, agás onde se indica.

N.º Título Duración
1. "All We Know"   3:13
2. "Pressure"   3:05
3. "Emergency" (lyrics: Williams, Farro) 4:00
4. "Brighter" (letra: Williams, Farro) 3:43
5. "Here We Go Again"   3:46
6. "Never Let This Go"   3:40
7. "Whoa" (letra: Williams, Farro) 3:21
8. "Conspiracy" (música: Williams, Farro, Taylor York) 3:42
9. "Franklin"   3:18
10. "My Heart" (letra: Williams, Farro) 3:59
Edición deluxe de iTunes
N.º Título Duración
11. "Pressure" (ao vivo) (orixinalmete editada en The Final Riot!) 3:01
12. "Here We Go Again" (ao vivo) (orixinalmete editada en Riot!) 3:24
13. "Pressure" (vídeo musical) 3:06
14. "Emergency" (vídeo musical) 3:58
15. "All We Know" (vídeo musical) 3:14