Alistair Te Ariki Campbell

poeta neozelandés

Alistair Te Ariki Campbell, nado o 25 de xuño de 1925 en Rarotonga e finado o 16 de agosto de 2009 [1], foi un escritor neozelandés, orixinario das Illas Cook.

Alistair Te Ariki Campbell
Nacemento25 de xuño de 1925
 Illa de Rarotonga
Falecemento16 de agosto de 2009
 Wellington
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterUniversidade Vitoria de Wellington
Ocupaciónletrista, poeta e escritor
CónxuxeMeg Campbell e Fleur Adcock
PremiosOfficer of the New Zealand Order of Merit
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado dunha nai maorí, Teu Bosini e dun pai neozelandés Jock Campbell, pasou a súa infancia en Penrhyn, illa de onde era orixinaria a súa familia materna, logo da morte de súa nai en 1932 por tuberculose, e de seu pai ao ano seguinte, enviárono cos seus dous irmáns ao orfanato de Dunedin (Nova Zelandia).

En 1943 comezou a estudar na Universidade de Otago, despois ingresou no "Wellington Teachers College", non rematou os seus estudos e comezou a traballar como xardineiro do hospital da Cruz Vermella de Wellington, dedicándose ao tempo a ler e escribir, publicando o seu primeiro poema en 1950, "Elegy", na revista literaria "Mine Eyes Dazzle". Nese mesmo ano casou coa escritora Fleur Adcock, antes de divorciarse en 1958 para se unir a unha actriz nova, Meg Anderson. En 1961 publicou unha novela infantil, "The Happy Summer". Os seus primeiros escritos reflicten apenas reflicten as súas orixes polinésicas, será a partir da década de 1960, cando comeza a se interesar pola historia dos maorís de Nova Zelandia, en 1963 publicou "Sanctuary of Spirits", unha historia dos Ngati Toa, tribo instalada preto de Pukurua Bay; nos anos seguintes compuxo unha serie de poemas sobre o mesmo tema, finalmente publicados en 1972 nunha escolma titulada "Kapiti". En 1974, unha das súas pezas "When the Bough Breaks" púxose en escena en Wellington. Entre 1976 e 1979 foi presidente do PEN Club de Nova Zelandia.

En 1979 retorna por primeira vez ás Illas Cook, visitando Rarotonga e Penrhyn, inspirándolle unha das súas composicións máis célebres, "The Dark Lord of Savaiki" aparecida en 1980 e tamén "Stone Rain: The Polynesian Strain" (1992). En 1984 publicou as súas memorias co título de "Island to Island".

En 2005, Alistair Te Ariki Campbell recibiu pola súa obra o "Prime Minister’s Awards for Literary Achievement"

ObraEditar

PoesíaEditar

  • "Kapiti", Pegasus Press, 1972
  • "The Dark Lord of Savaiki", Te Kotare Press, 1980
  • "Stone Rain: The Polynesian Strain", Hazard Press, 1992.
  • "Pocket Collected Poems", Hazard Press, 1996.
  • "Gallipoli and Other Poems", 1999
  • "Maori Battalion: A Poetic Sequence", Wai-te-ata Press, 2001.

NovelasEditar

  • "The Happy Summer", 1961
  • "Fantasy With Witches" 1999

NotasEditar

  1. "Poet Campbell dies". radionz.co.nz. 2009-08-16. Consultado o 2009-08-16. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar