Epsilon Ursae Majoris
(Redirección desde «Alioth»)
Epsilon Ursae Majoris (ε Ursae Majoris / ε UMa) ou máis coñecida coma Alioth é unha estrela na constelación da Osa Maior, a súa magnitude é de 1,76, é a 31ª estrela máis brillante do ceo. É unha variable do tipo Alpha Canum Venaticorum, o seu tipo espectral é A0 e está localizada a 77 anos luz da Terra. Esta estrela, xunto con Alkaid, Mizar, Megrez, Phecda, Merak e Dubhe forma un dos asterismos máis famosos, o chamado Cazo ou Carro, e coñecido en Galicia coma Setestrelo.

Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Asterismo
- Ursa Major, constelación á que pertence Alioth.
- Setestrelo, asterismo da constelación da Osa Maior ó que pertence tamén Alioth.
- Alkaid
- Mizar
- Megrez
- Phecda
- Merak
- Dubhe