Aliivibrio
Aliivibrio | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
A. fischeri |
Aliivibrio é un xénero de bacterias da familia Vibrionaceae.[1] É un xénero de recente creación, onde se incluíron especies que antes estaban encadradas no xénero Vibrio, tal como aconsellaban os estudos xenéticos. O xénero é de ambientes mariños e presenta bioluminescencia.
Etimoloxía
editarO nome Aliivibrio deriva do latín alius, que significa outro, diferente, e do xénero existente Vibrio, polo que Aliivibrio significa "o outro Vibrio".[2]
Especies
editarO xénero contén as seis especies seguintes[2]
- A. finisterrensis Beaz-Hidalgo et al. 2010. O nome desta especie refírese a Galicia, onde foi atopada vivindo en ameixas, xa que finisterrensis refírese a finisterra, literalmente o fin do mundo, que era onde no mundo antigo romano se consideraba que estaba en Galicia.[3]
- A. fischeri (Beijerinck 1889) Urbanczyk et al. 2007. É a especie tipo do xénero. O seu nome específico procede do científico alemán Bernhard Fischer, un dos primeiros que estudou as bacterias bioluminescentes. Esta bacteria era moi coñecida polo seu nome anterior Vibrio fischeri, xa que foi moi estudada.[4]
- A. logei (Harwood et al. 1980) Urbanczyk et al. 2007. O nome logei procede do alemán Loge (Loki), nome dun deus nórdico do lume e das trasnadas. Vive en augas frías.[4]
- A. salmonicida (Egidius et al. 1986) Urbanczyk et al. 2007. O seu nome significa que mata salmóns.[4] Vive en augas frías.
- A. sifiae Yoshizawa et al. 2011. A palabra sifiae procede de Sif, o nome dunha deusa nórdica de cabelos loiros, da cor da luminescencia que produce esta especie.[5]
- A. wodanis (Lunder et al. 2000) Urbanczyk et al. 2007. Nome procedente do deus nórdico Wodan (Odín), deus das artes, a cultura, a guerra e a morte. Vive en augas frías.[4]
Notas
editar- ↑ Classification of Genera AC entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature", dispoñible en Internet. Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590–2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. ]
- ↑ 2,0 2,1 Aliivibrio entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590–2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655.
- ↑ Beaz-Hidalgo, R.; Doce, A.; Balboa, S.; Barja, J. L.; Romalde, J. L. (2009). "Aliivibrio finisterrensis sp. Nov., isolated from Manila clam, Ruditapes philippinarum and emended description of the genus Aliivibrio". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 60 (Pt 1): 223–228. doi:10.1099/ijs.0.010710-0. PMID 19648323.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Urbanczyk, H.; Ast, J. C.; Higgins, M. J.; Carson, J.; Dunlap, P. V. (2007). "Reclassification of Vibrio fischeri, Vibrio logei, Vibrio salmonicida and Vibrio wodanis as Aliivibrio fischeri gen. nov., comb. nov., Aliivibrio logei comb. nov., Aliivibrio salmonicida comb. nov. and Aliivibrio wodanis comb. nov.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 57 (12): 2823–2829. doi:10.1099/ijs.0.65081-0. PMID 18048732.
- ↑ "List of new names and new combinations previously effectively, but not validly, published". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 61 (5): 1011–1013. 2011. doi:10.1099/ijs.0.033498-0. [1]