Alicia Hermida

actriz española

Alicia Pérez Herranz, nada en Madrid o 26 de setembro de 1932 e finada en Villanueva de la Cañada o 9 de febreiro de 2022,[1] foi unha actriz e profesora de interpretación española máis coñecida artisticamente como Alicia Hermida.

Modelo:BiografíaAlicia Hermida

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alicia Pérez Herranz Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Villanueva de la Cañada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0379401 BNE: XX5072715 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aínda que contaba cunha filmografía notábel, o labor interpretativo de Alicia Hermida destacou sobre todo en teatro, ademais dunha prolífica carreira en televisión.

Teatro

editar

Tras finalizar os seus estudos de bacharelato, comezou a formar parte da Compañía de Teatro María Guerrero de Madrid. Da súa primeira etapa sobre o escenario destaca o papel interpretado na obra Plaza de Oriente, de Joaquín Calvo Sotelo; Medida por medida (1955), de Shakespeare; La hora de la fantasía (1955), de Anna Bonacci; El diario de Ana Frank (1957), de Frances Goodrich; La casamentera (1960), de Thornton Wilder; La viuda valenciana, de Lope de Vega; El jardín de los cerezos (1960), de Anton Chekhov, e La casa de Bernarda Alba (1964), de García Lorca.

En 1981 recorreu coa súa compañía La Barraca os mesmos escenarios nos que actuou no seu momento a compañía do mesmo nome fundada por Federico García Lorca durante a Segunda República. Posteriormente, pasaría a chamarse Escuela Alicia Hermida, dende a que a actriz impartía clases de interpretacíón. A súa dicción perfecta e o seu dominio do verso clásico convertérona nunha mestra de actores recoñecida.[2]

Entre as obras recentes nas que participou, figuran Las bragas (1980), de Carl Sternheim; La Dorotea (1983); La gata sobre el tejado de zinc (1995), de Tennessee Williams; El otro (1995), de Miguel de Unamuno; El retablillo de Don Cristóbal (1997); Doña Rosita la soltera (2004) (ambas as dúas de Federico García Lorca) e Fedra (2007), adaptada por Juan Mayorga.

Televisión

editar

A súa presenza en televisión remóntase aos primeiros anos de TVE, debutando da man de Jaime de Armiñán na serie Galería de esposas. Seguirían, de novo con Armiñán, Mujeres solas (1960-1961) e Chicas en la ciudad (1961) e entre 1963 e 1965, Confidencias, protagonizada por Antonio Ferrandis. Despois deste proxecto, seguiu aparecendo con asidiudade na pequena pantalla, con personaxes interpretados nas obras de teatro televisado que se emitían nos anos 60 e 70 do século XX baixo o título de Estudio 1, Teatro de siempre, Novela, así como a serie Cristina y los hombres (1969), xunto a Elena María Tejeiro. Despois dun tempo alonxada da televisión, participou na serie Los negocios de mamá, protagonizada por Rocío Dúrcal, en 1997 para TVE. Recuperou boa parte da súa popularidade grazas ao papel de Valentina na serie Cuéntame cómo pasó (2001-2013). En 2010 interpretou a Sofía na versión española de Las chicas de oro. En 2011 interpretou a Maricarmen na adaptación española de Marco, e un ano máis tarde participou na serie Stamos okupa2. En 2016 interveu nun dos episodios da web serie Paquita Salas, de Javier Calvo e Javier Ambrossi, interpretando a Fina.

Cinema

editar

O seu debut cinematográfico produciuse en 1960 co filme Maribel y la extraña familia, de José María Forqué, baseada na obra homónima de Miguel Mihura. A súa actividade cinematográfica no foi especialmente prolífica, aínda que destacan títulos como Gary Cooper, que estás en los cielos (1980), de Pilar Miró; Las bicicletas son para el verano (1984), de Jaime Chávarri; El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda; Malena es un nombre de tango (1996), de Gerardo Herrero, e Carreteras secundarias (1997), de Emilio Martínez Lázaro.

  1. "Morre a actriz Alicia Hermida, Valentina en 'Cuéntame'". El Progreso. 9 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  2. Torres, Rosana (9 de febreiro de 2022). "Muere Alicia Hermida, la perfecta dicción de la interpretación española". El País. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar