Alice Larkin[1], tamén coñecida como Alice Bows[2][3], nada en 1978[3], é unha astrofísica especializada en modelos climáticos. En 2021 era directora da Escola de Enxeñería e profesora de Ciencia do Clima e Política Enerxética na Universidade de Manchester[4], e tamén investigadora no Centro Tyndall para o cambio climático.[2]Ocupaba tamén o posto de investigadora principal do proxecto do consorcio do Consello de Investigación en Enxeñería e Ciencias Físicas (EPSRC) Stepping Up Nexus.[5]

Infotaula de personaAlice Larkin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Leeds
Imperial College London Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTransporte marítimo, cambio climático, modelo climático e transporte internacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífica , climatóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Manchester (2003–)
Tyndall Centre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webresearch.manchester.ac.uk… Editar o valor em Wikidata
TED: alice_bows_larkin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Larkin estudou astrofísica na Universidade de Leeds[6] e graduouse en 1996[Cómpre referencia]. Uniuse ao Imperial College de Londres para realizar os seus estudos de posgrao, traballando en modelos climáticos, e completou o seu doutoramento no 2000 sobre os efectos da variabilidade solar no clima utilizando modelos atmosféricos da troposfera e a estratosfera.

Ao finalizar o seu doutoramento traballou en comunicación científica durante tres anos para finalmente en 2003 regresar á academia e unirse ao centro interdisciplinario Tyndall para investigar os conflitos entre o cambio climático e a aviación.[7] Doutra banda, dedícase a realizar orzamentos de carbono e emisións acumuladas, e lidera o proxecto do consorcio Stepping Up Nexus do Consello de Investigación en Enxeñería e Ciencias Físicas (EPSRC)[8].

Converteuse en parte do equipo do Centro Tyndall de Manchester[9], desenvolvendo a ferramenta de análise de escenarios enerxéticos ASK en 2005, que lles permitiu construír escenarios enerxéticos baixos en carbono.[10] En 2008 foi nomeada para dirixir proxectos sobre escenarios de transporte internacional e subministración de alimentos nun contexto de cambio climático, e foi directora de Tyndall Manchester entre 2013 e 2016.[11]

Uns dos seus intereses son as formas en que a investigación pode informar as decisións políticas, sendo esta unha peza moi influente á hora de abordar medidas ambientais. Un dos seus actos máis destacados é a súa participación na creación da Climate Change Act no Reino Unido en 2008. En 2013 pediu estratexias máis radicais para abordar o cambio climático mundial. Nos últimos anos, as emisións de dióxido de carbono á atmosfera aumentaron, en especial polo auxe dos servizos de transporte.[Cómpre referencia] Por isto, o EPSRC creou un proxecto chamado Shipping in changing climates[12], dirixido por Larkin, e que estuda e predí o cambio do clima do planeta. Desenvolve modelos para predicir o cambio climático en todo o mundo. Estes modelos informan como a industria do transporte marítimo pode prepararse para o futuro. Propuxo que a industria navieira utilice biocombustible e vapor lento. A pesar da recesión económica mundial, espérase que a industria do transporte marítimo aumente continuamente as emisións de dióxido de carbono.[Cómpre referencia] O obxectivo deste proxecto é obter solucións par futuros problemas de obtención de auga, comida e enerxía.[Cómpre referencia]

En 2015 converteuse en profesora na Universidade de Manchester e formou parte do University Living Lab. Larkin pronunciou unha charla TED en 2015 titulada Climate change is happening. Here's how we adapt (en galego: ̈O cambio climático está a suceder, así é como nos adaptamos). A charla abordou a realidade do cambio climático e o destino nun mundo onde as nacións ricas deben enfrontarse a grandes retos para evitar a suba de temperaturas.[13] City Atlas describiu esta charla como "o mellor discurso sobre dereitos humanos do ano".[14] Tamén falou en TEDxYouth Manchester en 2015[15] e New Scientist ao vivo.[16]

Tamén foi investigadora colaboradora no proxecto Rapid Acceleration of Car Emission Reductions (UKERC RACER).[17] O proxecto busca solucións integradas aos desafíos futuros en materia de alimentos, auga e enerxía. Estudou as emisións asociadas coa futura demanda mundial de trigo. Isto combina a dixestión anaeróbica, o uso de proteínas de insectos para a alimentación animal, a recuperación do valor dos refugallos e as formas de utilizar os excedentes de alimentos das correntes de refugallos. A súa investigación foi financiada por EPSRC e o Consello de Investigación Económica e Social (ESRC).[Cómpre referencia]

Larkin está interesada nos sistemas de enerxía e o transporte internacional. Participou como testemuña experta no xuízo dos 13 de Heathrow, manifestantes do grupo de campaña Plane Stupid, que se encadearon á pista norte do aeroporto de Heathrow para protestar contra o impacto do cambio climático.[18] Ademais, a participación de Alice foi motivada xa que evita voar en avión porque cre que os expertos en cambio climático deberían actuar como modelos a seguir para frear o crecemento da aviación, sendo esta participe da contaminación aérea mundial.[Cómpre referencia]

En 2017 foi nomeada directora da Escola (agora Departamento) de Enxeñería Mecánica, Aeroespacial e Civil (MACE) da Universidade de Manchester, e en 2019 converteuse en directora da Escola de Enxeñería. Falou cumpridamente sobre o cambio climático nos principais medios de comunicación. Apareceu no podcast Introductions Necessary. Investiga o impacto ambiental segundo o Acordo de París para as nacións con grandes emisións.

Premios e recoñecementos editar

En 2016 Larkin foi galardoada co premio University of Manchester Researcher of the Year (Investigadora do ano da Universidade de Manchester).[19]

Notas editar

  1. The University of Manchester (ed.). "Prof Alice Larkin". www.research.manchester.ac.uk (en inglés). Consultado o 2021-04-14. 
  2. 2,0 2,1 ORCID. "Alice Larkin (0000-0003-4551-1608)". orcid.org (en inglés). Consultado o 2 de maio 2021. 
  3. 3,0 3,1 "1936185". viaf.org. Consultado o 9 de maio 2021. 
  4. "Alice Larkin". Tyndall Centre for Climate Change Research (en inglés). Consultado o 2 de maio 2021. 
  5. "Team Members". steppingupnexus.org.uk. Consultado o 2 de maio 2021. 
  6. "Alice Larkin". steppingupnexus.org.uk. Consultado o 2 de maio 2021. 
  7. "Alice Bows-Larkin, Professor of Climate Science & Energy Policy, University of Manchester". Low Carbon City (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2021. 
  8. "Home - EPSRC website". epsrc.ukri.org. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  9. "Prof Alice Larkin". www.research.manchester.ac.uk (en inglés). Consultado o 2021-04-28. 
  10. University, Keele. "Launch Event, Keele University". web.archive.org (en inglés). Archived from the original on 12 de novembro de 2018. Consultado o 2 de maio 2021. 
  11. "Prof Alice Larkin". www.research.manchester.ac.uk (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2021. 
  12. "Shipping in changing climates". Marine Policy (en inglés) 75: 188–190. 1 de xaneiro de 2017. ISSN 0308-597X. doi:10.1016/j.marpol.2016.05.033. (require subscrición (?)). 
  13. Bows-Larkin, Alice. "Transcript of "Climate change is happening. Here's how we adapt"". www.ted.com (en inglés). Consultado o 9 de mario de 2021. 
  14. Reiss, Richard (2015-10-10). "British scientist gives best human rights talk of the year". City Atlas : New York (en inglés). Consultado o 2021-05-18. 
  15. "Paris and Perspectives on Climate Change". TEDxYouth@Manchester (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2021. 
  16. "Alice Bows-Larkin: Predictions for 2015". Consultado o 2021-05-18. 
  17. "Alice Larkin". UKERC (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2021. 
  18. "Witness statement by Prof Alice Bows-Larkin for Heathrow 13 trial clearly shows CO2 problem of a new runway". www.airportwatch.org.uk. Consultado o 9 de maio 2021. 
  19. "Prof Alice Larkin - Prizes The University of Manchester". www.research.manchester.ac.uk (en inglés). Consultado o 9 de maio 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar