Alha foi un pequeno reino que se formou durante a crise de Hatti (séculos -XVI - -XV con Mitanni no seu punto de máximo poder), na rexión do Alto Éufrates e a futura Armenia. Foi sometido polo rei hitita Tudhaliyas II (sobre o -1400)

Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta alí. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.