Ficoloxía

disciplina da botánica que se dedica ao estudo científico das algas
(Redirección desde «Algoloxía»)

Ficoloxía (do grego φῦκος, phykos, 'alga'; e λογία, -loxía, 'estudo') ou algoloxía é unha subdisciplina da botánica que se dedica ao estudo científico das algas. As algas son importantes como produtores primarios en ecosistemas acuáticos. Moitas algas son organismos eucarióticas, fotosintéticos que viven nun ambiente húmido.

Alga Postelsia palmaformis

Considéranse algas ás plantas que carecen de verdadeiras raíces e follas. Moitas especies son unicelulares, aínda que só as pluricelulares poden chegar a alcanzar grandes dimensións. A ficoloxía tamén inclúe o estudo de células procarioticas, formas coñecidas como algas verde-azul ou cianobacterias.


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.