Algar, Cádiz
Coordenadas: 36°39′N 05°39′O / 36.650, -5.650
Algar (con anterioridade a 1842 Santa María de Guadalupe del Algar) é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 1.564 habitantes. A súa extensión superficial é de 27 km² e atópase situada a 87 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Algar, Cádiz | ||
---|---|---|
| ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | Andalucía | |
Provincia | Cádiz | |
Comarca | Serra de Cádiz | |
Xeografía | ||
Altitude | 212 msnm | |
Superficie | 26,60 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1.544 hab. (2009) | |
Densidade | 58,05 hab./km² | |
Xentilicio | Algareño, algareña | |
Outros datos | ||
Código postal | 11639 | |
Alcalde | Jose M. Lozano Venegas (PA) | |
www.algar.es |
Forma parte da Ruta dos pobos brancos, xunto ao río Majaceite, e está moi próximo ao pantano dos Furóns (principal fonte de auga de Cádiz).
A orixe da poboación é de 1773. Creouna o rico comerciante Domingo López de Carvajal, tras comprar unhas devesas en 1757 e posteriormente poboalas con colonos. O seu trazado urbano é racionalista, con rúas paralelas e praza central.
Actualmente Algar vive da agricultura, a gandaría, o traballo da pel, a madeira e o turismo rural.
Demografía editar
Evolución da poboación desde 1900.

Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Algar, Cádiz |
- Algar Arquivado 02 de maio de 2006 en Wayback Machine. - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía