Alfredo Marcuño

loitador galego
(Redirección desde «Alfredo Marcuño Martínez»)

Alfredo Marcuño Martínez, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1961, é un ex-loitador galego. Foi 17 veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.

Infotaula de personaAlfredo Marcuño
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Peso48 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónloitador afeccionado Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportesambo (pt) Traducir
luta livre olímpica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador,[2][3] e en 1981 conquistou os seus primeiros campionatos de España, ao proclamarse na categoría de menos de 48 kg campión tanto de loita libre como de loita grecorromana.[4] Repetiu título en loita libre nas edicións de 1982, 1983, 1985, 1986, 1987 e 1989, e en loita grecorromana en 1982, 1983, 1985, 1986, 1990 e 1991.[5][6] Ademais foi campión de España de sambo en 1985, 1986 e 1990.[7]

Competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en loita libre, na categoría de menos de 48 kg. Perdeu os seus dous combates, celebrados en Seongnam, o primeiro deles contra o estadounidense Tim Vanni e o segundo contra o sirio Mohamed El-Messouti.[8]

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. Collazo, Luis; Antón, Soledad (16 de abril de 2011). "Vidas ejemplares dedicadas al mar y a apagar fuegos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  3. "Una vida dedicada a la lucha". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  4. "Galicia, campeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1981. p. 36. 
  5. "Campións de España de loita libre". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  6. "Campións de España de loita grecorromana". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  7. "Campións de España de sambo". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  8. "Loita libre nos Xogos Olímpicos de 1988 (-48 kg)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar