Alfredo Haz Garrido

futbolista e profesor galego

José Alfredo Haz Garrido, nado en Malpica de Bergantiños o 30 de setembro de 1962, é un exfutbolista e mestre galego. Xogaba de centrocampista.

Alfredo Haz
Información persoal
Nome José Alfredo Haz Garrido
Nacemento 30 de setembro de 1962
Lugar de nacemento Malpica de Bergantiños
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1973–1974 Ural
1974–1979 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1985 Fabril
1980–1988 Deportivo da Coruña 16 (0)
1988–1993 Endesa As Pontes 117 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como xogador

Naceu en Malpica de Bergantiños e aos 7 anos de idade foi para A Coruña, ingresando como internado no Colexio de Santa Margarida, onde comezou a xogar ao fútbol no patio.[1] Aos 11 anos entrou no equipo alevín do Ural e ao seguinte nos infantís do Deportivo da Coruña. Estivo cinco tempadas nas categorías inferiores do club branquiazul, sendo cedido nunha delas ao Malpica e outra ao Club Torre.[1] En 1979 pasou ao Fabril.

Na tempada 1980/81 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda B. Con todo, o adestrador José Martínez Palomar só o utilizaba pola obriga de aliñar polo menos a dous xogadores sub-20, co que xogou só un partido completo durante a tempada, volvendo logo ao Fabril.

Máis tarde foi xogador do primeiro equipo branquiazul entre as tempadas 1985/86 e 1987/88, pero relegado á suplencia, xogando só 21 encontros oficiais en tres anos. Despois xogou cinco tempadas no Endesa As Pontes en segunda B.

Selección española

Xogou na selección española xuvenil, onde era titular.[1][2]

Tras a retirada

Despois de deixar o fútbol pasou a dar clases de Educación Física no IES Eusebio da Guarda.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Castelo, Manuel (24 de febreiro de 1980). "Alfredo: Titular indiscutible de laselección nacional juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). p. 66. 
  2. "Una oportunidad perdida". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 12 de febreiro de 2021.