Abrir o menú principal

Alfonso Zulueta de Haz

notario e intelectual galego

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017[1], foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Alfonso Zulueta de Haz
Nacemento9 de maio de 1924
 Vigo
Falecemento27 de xuño de 2017
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como notario en Gaucín (Málaga), Marín e Vigo, onde residiu.

Foi un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), tamén foi presidente da Editorial SEPT, especializada en obras relixiosas. Zulueta de Haz foi un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata en 1974 e exerceu como o seu vicepresidente ata 1978 ao se unir o seu partido co Partido Popular Galego para dar nacemento ao Partido Galeguista. Zulueta de Haz foi membro do pleno do Consello da Cultura Galega desde 1996 e á morte de Carlos Casares foi elixido o seu presidente o 17 de abril de 2002.

Vida persoalEditar

Estivo casado con María Teresa Fernández Cabaleiro[2].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar


Predecesor:
Carlos Casares
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
2002 - 2006
Sucesor:
Ramón Villares