Abrir o menú principal

Alfonso S. Palomares

xornalista e escritor galego
(Redirixido desde "Alfonso Sobrado Palomares")

Alfonso Sobrado Palomares, nado en Paradela (Calvos de Randín) en 1935, é un xornalista e escritor galego.

Alfonso S. Palomares
Nacemento1935
 Paradela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Ourense, onde estudou no Seminario. Licenciado en Dereito e Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos postos en xornais e revistas españolas. Fundou a axencia Radial Press en 1964 e foi comentarista de política internacional en Sábado Gráfico e Cambio l6. En 1973 fundou e dirixiu a revista Ciudadano e despois dirixiu Posible e Leer. Foi comentarista de política internacional en El Periódico de Catalunya, e foi nomeado director da Axencia EFE en 1986. En 1997 incorporouse ao Grupo Zeta como Director de Relacións Internacionais e Asesor Editorial, e comentarista político da revista Tiempo e El Periódico de Catalunya. En 2001 foi nomeado director do Diario Córdoba e editor de Onda Mezquita e en setembro dese ano tomou posesión como Presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba.

Dirixiu a Casa de Galicia en Madrid (2006-), foi presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (2008) e recibiu varios premios, entre eles o Celanova, Casa dos Poetas (2008).

ObraEditar

  • África, la hora de las violencias, 1969.
  • Albert Camus, 1970.
  • Agotando la esperanza, (novela) II Premio Café Gijón.
  • Las linotipias del miedo, 1977 (novela).
  • El socialismo y la polémica marxista, 1979.
  • Una larga sed, 1983 (novela).
  • Te amaré después de siempre, 2001 (novela).
  • Felipe González, el hombre y el político, 2005 (biografía).
  • Antonio Asensio, 2007, con José Oneto (biografía).
  • Los laberintos del espejo, 2010 (novela).

Vida persoalEditar

Casou con Ana Tutor.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar