Alfonso Lois

escritor, xornalista e músico galego
(Redirección desde «Alfonso Lois Sancho»)

Alfonso Lois Sancho, nado en Pontevedra en 1875 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1960, foi un escritor, xornalista e músico galego.

Alfonso Lois
Nacemento1875
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento3 de xaneiro de 1960
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, músico e xornalista
PaiRoxelio Lois Estévez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Rogelio Lois Estévez. Funcionario do Concello de Pontevedra. Foi un dos fundadores da revista Hebe (1920-1921). Colaborou en El Progreso, El Diario de Pontevedra e outros periódicos pontevedreses asinando ás veces cos pseudónimos Liso, Lios, Osil e HP. Como músico foi o compositor de "¡Viva mi compadre!", da balada "Airiños de Pontevedra" estreada en 1920, e outras pezas.[1] Finou en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1960 con 84 anos.[2][3]

Notas editar

  1. "Alfonso Lois Sancho", El Pueblo Gallego, 29-11-1951, p. 6.
  2. Hoja Oficial del Lunes, 4-1-1960, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 5-1-1960, p. 13.