Alfonso Lois
escritor, xornalista e músico galego
Alfonso Lois Sancho, nado en Pontevedra en 1875 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1960, foi un escritor, xornalista e músico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 3 de xaneiro de 1960 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, músico, xornalista ![]() |
Familia | |
Pai | Roxelio Lois Estévez ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Rogelio Lois Estévez. Funcionario do Concello de Pontevedra. Foi un dos fundadores da revista Hebe (1920-1921). Colaborou en El Progreso, El Diario de Pontevedra e outros periódicos pontevedreses asinando ás veces cos pseudónimos Liso, Lios, Osil e HP. Como músico foi o compositor de "¡Viva mi compadre!", da balada "Airiños de Pontevedra" estreada en 1920, e outras pezas.[1] Finou en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1960 con 84 anos.[2][3]