Alfonso Gallego

exfutbolista e político galego

Alfonso Ramón González Gallego, nado en Rianxo o 27 de setembro de 1973[1], é un exfutbolista e político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaAlfonso Gallego
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou maxisterio na Universidade de Vigo. Dende 2002 é director comercial da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. Foi presidente da Cruz Vermella no Salnés (2011-2018). Militante do Partido Popular de Galicia, foi presidente dos populares de Vilagarcía de Arousa entre 2017 e 2020 e encabezou a lista do seu partido nas eleccións municipais de 2019 en Vilagarcía de Arousa[2] mais a súa lista logrou 5 concelleiros fronte a 7 que tiña na anterior corporación. En xaneiro de 2020 anunciou que deixaba a política[3].

Carreira futbolística

editar

Comezou a xogar en 1990 no Arosa Sociedad Cultural da 3ª división e na tempada 1993/94 subiu co seu equipo á 2ª B para volver á tempada seguinte á terceira. En 1996 pasou ao Club Juventud Cambados tamén na 3ª división e na tempada 1999/2000 integrou o Céltiga Fútbol Club.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar