Alfonso Balseiro

político galego


Alfonso Emilio Balseiro Gómez, nado o 8 de marzo de 1946 en Mañón e finado o 6 de febreiro de 2021,[1] foi un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaAlfonso Balseiro
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata
Mañón, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Alcalde de Mañón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballador autónomo. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 en Mañón dentro das listas da Coalición Popular, sendo elixido concelleiro. Trala morte de Manuel Cora Rodríguez en xaneiro de 1987 é elixido alcalde, ocupando o posto ata as eleccións municipais de 1987. Neses comicios concorre xunta outros anteriores integrantes de AP como número dous dunha lista independente encabezada polo médico Ricardo Héctor Sanz, a cal resultou ser a segunda forza máis votada por detrás do PSdeG, conseguindo a alcaldía para o seu cabeza de lista grazas aos votos dos concelleiros de AP. Porén, trala marcha do rexedor en febreiro de 1988, volveu ser elixido alcalde, tamén grazas ao apoio de dous concelleiros de AP. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e tamén foi elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2007-2011).

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[2], e ocupou este posto até o seu falecemento en febreiro de 2021.

Notas editar

  1. Urgorri, Antía (6 de febreiro de 2021). "Muere Alfonso Balseiro, alcalde de Mañón desde hace 33 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  2. Concello de Mañón na FEGAMP

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Manuel Cora Rodríguez
  
Alcalde de Mañón
 
1987
Sucesor:
Ricardo Héctor Sanz
Predecesor:
Ricardo Héctor Sanz
  
Alcalde de Mañón
 
1988 - 2021
Sucesor:
Alfredo Dovale Pereira