Alfaneiro

especie de planta
Alfaneiro

Alfaneiro ilustrado por Otto Wilhelm Thomé en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: Ligustrum
Especie: L. vulgare
Nome binomial
Ligustrum vulgare
L., Sp. Pl., vol. 1, p. 7, 1753 [2]

O alfaneiro[1] ou ligustro (Ligustrum vulgare) é unha especie de planta pertencente á familia Oleaceae.

Flores, detalle.
Froitos inmaturos.
Froitos maduros.

En Galicia non é común brava, empregándose especialmente en xardinaxe, para crear sebes ou arboriñas en ringleiras nas rúas.

Descrición editar

É un arbusto de 2 a 3 m de altura. As súas follas, semellantes ás da oliveira, porén de cor máis verde, son opostas e lanceoladas. As flores son brancas, gamopétalas e recendentes. O froito é unha baga escura, acre e tóxica.

Hábitat e distribución editar

Medra nos bosques húmidos, sendo moi utilizado en sebes de xardíns.

É natural do centro e do sur de Europa, norte de África e suroeste de Asia, desde o sur de Inglaterra e o suroeste de Suecia até Marrocos polo sur, e o leste de Polonia e o noroeste de Irán polo leste.[2][3][4][5][6]

 
Bagas do ligustro

Táxones infra específicos editar

Todas as subespecies, variedades e formas son todas meros sinónimos.

Sinonimia editar

Ligustrum album Gueldenst. ex Ledeb. Ligustrum angustifolium Gilib. nom. inval. Ligustrum decipiens Gand. Ligustrum insulare Decne. Ligustrum insulense Decne. Ligustrum italicumMill. Ligustrum lodense Glogau Ligustrum oviforme Gand. Ligustrum sempervirens Mazziari nom. inval. Ligustrum vicinum Gand. Ligustrum vulgare var. atrovirens Hoefker Ligustrum vulgare var. aureum Hoefker Ligustrum vulgare var. auriflorum Hoefker Ligustrum vulgare var. brachystachyum (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare var. chlorocarpum Hoefker Ligustrum vulgare var. glaucum Hoefker Ligustrum vulgare var. insulense (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare subsp. italicum (Mill.) Fukarek Ligustrum vulgare var. italicum (Mill.) Vahl Ligustrum vulgare var. laurifolium Hoefker Ligustrum vulgare var. pendulum (Carrière) Hoefker Ligustrum vulgare f. pendulum (Carrière) Dippel Ligustrum vulgare var. pyramidale Hoefker Ligustrum vulgare var. variegatum Hoefker Olea humilis Salisb. nom. illeg.[7]

Nome galego editar

A Real Academia Galega só recoñece o nome ligustro, que é un termo erudito, tardío, adaptado a partir do nome científico do xénero Ligustrum.[8] Porén, o termo alfaneiro está documentado en moitos outros dicionarios.[1]

En Galicia, ademais da variante alfeneiro, hai outros nomes, de uso local ou rexional: fiafeira, fiaza, filseira e tilseira.

Ecoloxía editar

Esta planta é o alimento das eirugas das avelaíñas da especie Craniophora ligustri.

Usos editar

Úsase principalmente en xardinaxe, para crear sebes. Pero non hai que confundila coa especie Ligustrum ovalifolium, que é a que se emprega de maneira xeral para formar sebes, tanto nos xardíns urbanos como nas propiedades agrarias. As árbores que adornan rúas e parques de moitas vilas e cidades galegas tampouco pertencen a esta especie, senón a Ligustrum lucidum. Estas dúas especies —ben como outras, de difusión moito máis limitada en parques e xardíns— son orixinarias do extremo Oriente (China, Corea, Xapón...); con todo, a Ligustrum lucidum aparece ás veces naturalizada nas proximidades de aldeas e terras de cultivo, procedente de antigas sebes.

As follas moídas en po usábanse para tinxir, especialmente o cabelo e as crinas das bestas.

Propiedades medicinais editar

  • Contén principios amargos e alcaloides.
  • Por mor da súa toxicidade non é usada, pois o consumo produce diarreas e vómitos.
  • Aumenta a produción de linfocitos pola medula ósea e facilita a súa maduración até se converteren en células T.

Especie invasora editar

Esta especie figura nalgunhas listaxes de especies invasoras en países coma Australia,[9] o Canadá,[10] Nova Zelandia,[11] e os Estados Unidos de América.[12][13] Tamén está naturalizada nas terras altas de México[14] e na república Arxentina[Cómpre referencia].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 [1]
  2. Flora Europaea: Ligustrum vulgare
  3. Plants for a Future: Ligustrum vulgare
  4. Germplasm Resources Information Network: Ligustrum vulgare Arquivado 29 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  5. Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. ISBN 0-340-40170-2
  6. Bean, W. J. (1978). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles vol. 2: 576-577. ISBN 0-7195-2256-0.
  7. "Sinónimos en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  9. Potential Environmental Weeds in Australia: p. 173
  10. Canadian Botanical Conservation Network: Information on Invasive Shrub and Vine Species Arquivado 27 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  11. Protecting and Restoring our Natural Heritage: Appendix one: Invasive weeds Arquivado 15 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  12. Swearingen, Jil; Reshetiloff, K.; Slattery, B; Zwicker, S. (2010). Plant Invaders of Mid-Atlantic Natural Areas, 4th Edition (PDF). National Park Service and U.S. Fish & Wildlife Service. p. 71. 
  13. Invasive species: European privet
  14. Plantas medicinales. Virtudes insospechadas de plantas conocidas. 1987. Reader's Digest México S.A. de C.V. Printed by Gráficas Monte Albán S.A. de C.V. Querétaro, Mexico. ISBN 968-28-0099-4

Véxase tamén editar