Alexis Ajinça
Alexis Ajinça, nado en Saint-Étienne (Ródano-Alpes) o 6 de maio de 1988, é un ex xogador profesional de baloncesto francés. Foi o primeiro xogador non estadounidense seleccionado polos Charlotte Bobcats no Draft da NBA.
![]() | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 6 de maio de 1988 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 100 kg (223 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | INSEP (París) |
Pre-draft club | Hyères-Toulon LNB |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 20 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | 2006–2019 |
Historial de equipos | |
Pau-Orthez (2006–2007) LNB Hyères-Toulon (2007–2008) LNB Charlotte Bobcats (2008–2010) Sioux Falls Skyforce (2009) D-League Maine Red Claws (2009–2010) D-League Dallas Mavericks (2010–2011) Toronto Raptors (2011) Hyères-Toulon (2011) LNB Strasbourg IG (2011–2013) LNB New Orleans Pelicans (2013–2018) ASVEL Basket (2018–2019) |
TraxectoriaEditar
FranciaEditar
Ajinça comezou xogando no ÉB Pau-Orthez na tempada 2006-07, onde disputou dous partidos, anotou dous puntos e capturou seis rebotes en 15 minutos de xogo. Tamén apareceu en dous encontros da Euroliga, aínda que a maior parte da tempada a pasou no Pau-Orthez Espoirs, equipo júnior do Pau-Orthez. Alí promediou 12.5 puntos, 8 rebotes e 1.9 tapóns por partido. Na seguinte campaña a súa participación aumentou de maneira considerábel xogando no Hyères-Toulon. Promediou 5 puntos, 3.1 rebotes e 10.8 minutos en 24 partidos, anotando en dobres figuras en catro ocasións.
Selección nacionalEditar
Ajinça formou parte da selección francesa que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-19 de 2007 celebrado en Novi Sad, Serbia, promediando 7,4 puntos, 5,6 rebotes e 2,7 tapóns por partido. Tamén conquistou a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 de 2006 en Grecia, con medias de 6,9 puntos e 7,5 rebotes por encontro. En 2005 participou no Campionato de Europa Sub-18 e en 2004 no Campionato de Europa Sub-16.
NBAEditar
No Draft da NBA de 2008 foi seleccionado polos Charlotte Bobcats na 20ª posición.[1] Na súa primeira tempada en Charlotte, xogou 31 partidos, 4 deles de titular, e fixo unha media de 2,3 puntos, 1,0 rebotes e 0,2 tapóns en tan só 5,9 minutos de xogo. O 13 de xullo de 2010 Ajinça foi traspasado aos Dallas Mavericks con Tyson Chandler por Erick Dampier, Matt Carroll, Eduardo Nájera e diñeiro.
NotasEditar
- ↑ NBA.com Early Entry Candidates for 2008 NBA Draft Arquivado 27 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (consultado en agosto de 2008)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 14 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)