Alexandre Millerand
Alexandre Millerand, avogado e político n.1859 e m.1943, foi o presidente de Francia entre 1920 e 1924. Antes disto, foi primeiro ministro de seu país, entre o 20 de xaneiro e 20 de setembro de 1920.
Alexandre Millerand | |
---|---|
![]() | |
Primeiro ministro de Francia | |
Período | 20 de xaneiro - 23 de setembro de 1920 |
Antecesor | Georges Clemenceau |
Sucesor | Georges Leygues |
Presidente de Francia | |
Período | 24 de setembro de 1920 - 11 de xuño de 1924 |
Antecesor | Paul Deschanel |
Sucesor | Gaston Doumergue |
Datos persoais | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1859 |
París | |
Falecemento | 6 de abril de 1943 |
Versalles | |
Organización | Partido Socialista Francés - PSF |
Cónxuxe | Jeanne Millerand |
Fillos | Jacques Millerand |
Alma máter | Facultade de Dereito de París e Lycée Louis-le-Grand |
Profesión | avogado e político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Empezou a súa carreira política na contorna do Partido Radical de Georges Clemenceau, pero despois achegouse ao socialismo, chegando a ser ministro de Comercio e Industria no gabinete do radical Pierre Waldeck-Rousseau entre 1899 e 1902, feito que suscitou as críticas de contemporáneos franceses como Jules Guesde e mesmo da Segunda Internacional (por exemplo de Rosa Luxemburg), por considerar inxustificada esta colaboración con gobernos burgueses. Con todo, foi apoiado por Jean Jaurès. A súa tendencia dereitista levoulle a ser expulsado da Sección Francesa da Internacional Obreira en 1904 e posteriormente formou parte de varios gobernos como independente (Obras Públicas, 1909-1910, e Guerra, 1912-1913 e 1914-1915). A experiencia da Primeira Guerra Mundial, que viviu como ministro, serviu - da mesma forma que para outros socialistas da época - para completar a súa viraxe cara á dereita pola vía do patriotismo.
En 1919 encabezou unha coalición conservadora, o Bloque Nacional, coa que chegou a ser presidente da República en 1920, tras uns meses como primeiro ministro e encargado de Asuntos Exteriores. El e o seu primeiro ministro Raymond Poincaré promoveron a ocupación do Ruhr para obrigar a Alemaña a pagar as reparacións de guerra. Tamén impulsaron unha política de rigor orzamentario que os fixo impopulares. En 1924, tras a vitoria electoral da esquerda, dimitiu e abandonou a primeira liña da política francesa, ocupando un escano no senado.
Segue a: Georges Clemenceau |
Alexandre Millerand (xaneiro-setembro de 1920)
|
Precede a: Georges Leygues |
Partido Socialista Francés - PSF |
Presidente de Francia | ||
---|---|---|
Segue a: Paul Deschanel |
Alexandre Millerand | Precede a: Gaston Doumergue |
Partido Socialista Francés - PSF |