Aleksandar Cvetković

baloncestista serbio

Aleksandar Cvetković (en serbio cirílico: Александар Цветковић), nado o 12 de novembro de 1993 en Belgrado é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. No ano 2011 foi nomeado unha das mellores promesas do baloncesto FIBA. Actualmente xoga para o Coosur Real Betis da Liga ACB.

Aleksandar Cvetković
Real Betis Baloncesto  – No. 4
Información persoal
Nacemento 12 de novembro de 1993 (30 anos)
República Federal de Iugoslavia Belgrado, Iugoslavia
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 75 kg (165 lb)
Posición Base
Información da carreira
Canteira Crvena zvezda
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Crvena zvezda (2010–2015)
MZT Skopje (2013–2015)
Partizan (2015–2016)
Manresa (2016−2017)
Estudiantes (2017–2018)
Cafés Candelas Breogán (2018–2019)
KK Igokea (2019)
Manresa (2019–2020)
Estudiantes (2020–2021)
Plateros de Fresnillo (2021)
Real Betis (2021–presente)

Traxectoria editar

Nado en Belgrado, Cvetković formouse nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). No ano 2010 chega ao primeiro equipo baixo a dirección do técnico Mihailo Uvalin. En febreiro de 2011 é nomeado sétimo Mellor Xogador promesa do mundo da FIBA (quedaron por diante súa Jonas Valančiūnas, Nikola Mirotić, Enes Kanter, Dario Šarić, Alessandro Gentile e Tornike Shengelia).[1][2] No ano 2012 compite no Nike Hoop Summit representando a Serbia. A finais dese mesmo ano, o 21 de novembro, Cvetković xoga o seu partido con maior valoración na EuroCup ao anotar 9 puntos ante o Dinamo Sassari. No ano seguinte debuta en Euroliga, concretamente o 24 de outubro ante o Maccabi Electra Tel Aviv.[3] Nesa mesma edición da competición, anota un mes despois catro puntos en sete minutos ante o Lietuvos rytas na última xornada da fase regular.[4]

A pesar das actuacións anteriores, Cvetković non consegue facerse cun oco no quinteto inicial do Crvena zvezda. Con 20 anos, o 27 de decembro de 2013 sae cedido na procura de máis tempo de xogo ao MZT Skopje macedonio.[5] O 3 de xaneiro debuta co seu novo equipo na Liga do Adriático (ABA) anotando 10 puntos na vitoria por 73–63 ante o Szolnoki Olaj. Na Liga ABA tería outras destacábeis actuacións como os 13 puntos na vitoria fóra da casa ante o Igokea (65-79) ou o case triplo-dobre con 17 puntos, 10 rebotes e 8 asistencias ante o Cibona en Zagreb. Esta actuación levouno a ser nomeado MVP da xornada da ABA. Finalmente, en 12 partidos na competeción, fixo uha media de 8 puntos, 2,3 asistencias e 3,1 rebotes por partido. Tras acabar a cesión, no verán de 2015 fai a pretemporada co Valencia, aínda que finalmente non fica no equipo.

Clubs editar

Palmarés editar

  • Liga de Serbia
    • Subcampión (3): 2012, 2013, 2016
  • Copa Radivoj Korać
    • Campión (1): 2013
    • Subcampión (2): 2012, 2016
  • Liga de Macedonia
    • Campión (2): 2014, 2015
  • Copa de Macedonia
    • Campión (1): 2014
  • Liga do Adriático
    • Subcampión (1): 2013
  • Nike International Junior Tournament (1): 2011
  • Xogador da xornada da Liga ABA (2): 2014, 2016
  • Medalla de prata no Mundial sub-19 de Letonia 2011
  • Medalla de bronce no Eurobasket sub-16 de Lituania 2009
  • Sétimo mellor xogador promesa do mundo da FIBA 2011.
  • Quinteto ideal do Mundial sub-19 de Letonia 2011.

Notas editar

  1. "Valančiūnas, Young Men's Player of 2011". fibaeurope.com (en inglés). 13 de febreiro de 2011. 
  2. "Valančijunas najbolji mladi košarkaš Evrope, Cvetković sedmi". blic.rs (en serbio). 13 de febreiro de 2011. 
  3. "Maccabi Electra Tel Aviv–Crvena zvezda Telekom Belgrade 96–82" (en inglés). Euroleague.net. 
  4. "Lietuvos rytas–Crvena zvezda Telekom Belgrade 75–99" (en inglés). Euroleague.net. 
  5. "Cvetković na pozajmici u MZT-u" (en serbio). kkcrvenazvezda.rs. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar