Abrir o menú principal

Alejandro Zabala Landa, nado en Azkoitia o 10 de setembro de 1954,[1] é un pianista vasco.

Alejandro Zabala
Nacemento1954
 Azkoitia
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo os seus estudos no Conservatorio de Donostia en piano e en música de cámara. Graduouse co primeiro premio de piano, o primeiro premio de música de cámara e o premio "Paulino Caballero".[2] É profesor do Conservatorio de Bilbao, e en 2001 foi nomeado director do Centro Superior de Música de Euskadi, con sede en Donostia.

No 2004, foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Catalana de Belas Artes de San Jordi.[3]

No 2013, co gallo do 150 aniversario de Cantares gallegos editou Cantares gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación, xunto co tenor Joaquín Pixán.[4]

NotasEditar

  1. "Zabala, Alejandro". Auñamendi Eusko Entziklopedia. Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  2. "Alejandro Zabala, ficha ténica". March.es. 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  3. Redacción (27 de abril de 2004). "El pianista Alejandro Zabala, nuevo académico de la Catalana de Bellas Artes". Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  4. "Cultura e Educación presenta en concerto o disco ‘Cantares Gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación’". Xunta de Galicia. 15/10/2013.