Alejandra Silva

publicista, empresaria e activista galega

Alejandra María Silva García-Baquero, nada o 16 de febreiro de 1983 na Coruña, é unha empresaria, publicista e activista galega.[1]

Infotaula de personaAlejandra Silva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpublicitario , política , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Gere (2018–) Editar o valor em Wikidata

Facebook: AlejandraSilvaoficiall Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É a filla de Ignacio Silva e Paola García-Baquero. O seu pai é un empresario e antigo vicepresidente do Real Madrid Club de Fútbol. Cando tiña 4 anos, a súa familia mudouse a Madrid e Silva estudou no colexio Mater Salvatoris. Á idade de 15 anos, marchou a Dorset, no Reino Unido e posteriormente volveu a Madrid onde estudou publicidade e mercadotecnia. Após graduarse, comezou a traballar como bolseira nunha axencia de publicidade e en 2005 nunha empresa privada na industria da aviación.

En 2007, Silva promoveu unha iniciativa sen ánimo de lucro xunto coa modelo Karolína Kurková chamada "Beautiful Life Fund", para concienciar sobre a situación dos nenos refuxiados, sen fogar e vítimas da guerra arredor do mundo.

En 2010 participou na fundación do Real Madrid[2] creando ligas de fútbol como medio de integración de nenos desfavorecidos e promocionando o deporte e os seus valores nas comunidades africanas.

A través do seu interese nas organizacións sen ánimo de lucro, Silva coñeceu o actor estadounidense Richard Gere.[3] A súa relación gañou notoriedade na prensa escrita en xuño de 2015. En 2016, Alejandra Silva apoiou a fundación Rais para as persoas sen fogar.[4][5]

Notas editar

  1. Hernández Castellano, Nuria (10 de decembro de 2015). "Rica, discreta y comedida: así es la novia española de Richard Gere". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  2. "Fundación Real Madrid". 2010. 
  3. "Richard Gere posa, por fin, junto a su novia española, Alejandra Silva". Elmundo.es. 24 de novembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  4. Hola.com (ed.). "Alejandra Silva and Richard Gere, united by their solidarity facet". Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  5. "Alejandra Silva se sincera: "Richard (Gere) y yo lo compartimos todo"". Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar