Alegría (flamenco)

As alegrías[1] son un pau flamenco que forma parte do grupo das cantiñas, que son os castes de Cádiz por excelencia.

Cádiz.

EstruturaEditar

A copla ou estrofa das alegrías adoita ser de catro versos octosílabos ou ser a estrofa que recibe este mesmo nome: alegría. A súa melodía é de carácter festivo e incita ao baile. O seu ritmo está condicionado pola métrica do compás da soleá, pero diferénciase dela en que o seu tempo é moito máis rápido.

OrixeEditar

Parece que a alegría deriva da xota navarro-aragonesa, que enraizou en Cádiz durante a ocupación francesa e a celebración das Cortes de Cádiz. Por iso as súas letras clásicas conteñen tantas referencias á Virxe do Pilar, o río Ebro e Navarra.

Un exemplo é Yo le di un duro al barquero, que cantaba La Niña de los Peines e que gravou Estrella Morente no seu disco Mi cante y un poema, co título Coquinas.[2][3]

Yo le di un duro al barquero
por pasar el Ebro a verte
Los amores de Navarro
son caros pero son buenos.

Crese que foi Enrique Butrón quen fixou o estilo flamenco actual das alegrías e Ignacio Espeleta quen introduciu o característico “tiriti, tran, tran...”. Algúns dos intérpretes máis coñecidos das alegrías son Enrique el Mellizo, Chato de la Isla, Pinini, Pericón de Cádiz, Aurelio Sellés, La Perla de Cádiz, Chano Lobato e El Folli.

VestiarioEditar

As bailaoras levan un vestido longo até o nocello con voados na parte de abaixo, adornados con cintas ou encaixes. As mangas poden ser longas ou curtas, con pregues ou con voados. Locen as bailaoras fermosas mantillas con bordados de flores e longos flocos. Completan a súa vestimenta con flores, peites, pendentes de coral e zapatos de tacón. Tamén é común o uso do traxe de flamenca.

ConservaciónEditar

En Cádiz celébrase anualmente o Concurso Nacional de Alegrías.

NotasEditar

  1. Acepcións 11.ª e 12.ª de «alegría» no DRAE.
  2. Letra de Yo le di un duro al barquero.
  3. Letra de Coquinas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar