Ale de Paz
Alejandra de Paz González, coñecida deportivamente como Ale de Paz, nada en Neda o 25 de maio de 1995, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á no Marín Futsal da Primeira División de España e é internacional coa selección española, coa que se proclamou dúas veces campioa de Europa.
Nome orixinal | Alejandra de Paz González | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 25 de maio de 1995 (29 anos) Neda, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Á | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarDespois de xogar no Comarcal A Fervenza, pasou ao Valdetires Ferrol, equipo co que debutou na Primeira División na tempada 2013/14. Dous anos máis tarde fichou polo Poio Pescamar, no que militou durante catro tempadas, todas elas na máxima categoría.
Na 2019/20 fichou polo Burela, co que gañou na súa primeira tempada a liga, a Copa da Raíña, a Supercopa de España e a Copa das 4 Nacións.[1] Na súa segunda campaña revalidou os tres títulos nacionais, sendo a máxima goleadora do equipo na liga, con 18 tantos, e marcando tres dos cinco goles do seu equipo na final contra o Futsi Navalcarnero (2-5).[2] Finalmente na tempada 2021/22 gañou unha terceira Copa da Raíña e tamén a terceira Supercopa.
En xullo de 2022 deixou a Mariña para fichar polo Marín Futsal, equipo tamén da máxima categoría.[3]
Selección nacional
editarEn novembro de 2019 foi convocada por primeira vez pola selección española, para xogar dous partidos amigables contra Eslovenia.[4][5] En 2022 disputou a súa primeira Eurocopa, na que foi a segunda edición do torneo continental. Tivo destacadas actuacións na competición e foi autora de seis goles, dous deles na final disputada na vila portuguesa de Gondomar diante da selección anfitrioa, partido que se decidiu a favor do equipo español na quenda de penaltis.
Un ano despois gañou a súa segunda Eurocopa consecutiva, volvendo marcar na final, desta vez ante Ucraína en Debrecen.[6]
Palmarés
editar- Burela
- Primeira división de España (2): 2019/20, 2020/21.
- Copa da Raíña (3): 2019/20, 2020/21, 2021/22.
- Supercopa de España (3): 2019/20, 2020/21, 2021/22.
- Copa das 4 Nacións (1): 2020.
- Selección española
- Eurocopa (2): 2022, 2023.
Estatísticas
editarClub | Div. | Temporada | Liga | Copas nacionais |
Torneos internacionais |
Total | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||||||||||
A Fervenza | ||||||||||||||||||
2.ª | ||||||||||||||||||
- | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | |||||
Total club | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | ||
Valdetires Ferrol | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2013-14 | 28 | 13 | 2 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 28 | 13 | 2 | 0 | ||
2.ª | ||||||||||||||||||
2014-15 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | ||||
Total club | 28 | 13 | 2 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 28 | 13 | 2 | 0 | ||
Poio Pescamar FS | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2015-16 | 29 | 4 | 4 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 29 | 4 | 4 | 0 | ||
2016-17 | 30 | 17 | 2 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 31 | 17 | 2 | 0 | ||
2017-18 | 26 | 12 | 0 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 27 | 12 | 0 | 0 | ||
2018-19 | 29 | 10 | 2 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 30 | 10 | 2 | 0 | ||
Total club | 114 | 43 | 8 | 0 | 3 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 117 | 43 | 8 | 0 | ||
CD Burela FS | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2019-20 | 22 | 12 | 4 | 0 | 3 | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | - | - | 27 | 16 | 4 | 0 | ||
2020-21 | 25 | 17 | 4 | 0 | 7 | 3 | 0 | 0 | - | - | - | - | 32 | 20 | 4 | 0 | ||
Total club | 47 | 29 | 8 | 0 | 10 | 5 | 0 | 0 | 2 | 2 | - | - | 59 | 36 | 8 | 0 | ||
Total carreira | 189 | 85 | 18 | 0 | 13 | 5 | 0 | 0 | 2 | 2 | - | - | 204 | 92 | 18 | 0 |
Notas
editar- ↑ "Ale de Paz, primera incorporación del Pescados Rubén" (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ G. Gil, Aimara (13 de xuño de 2021). "El Burela bate al Futsi Atlético y revalida el título liguero". As (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ D. Amil, Nieves (5 de xullo de 2022). "La campeona de Europa Ale de Paz ficha por el Marín Futsal". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ Elías, Carla (29 de octubre de 2019). "Ale de la Paz: «Cuando leí mi nombre en la convocatoria de la selección española me quedé en 'shock'»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Ale de Paz convocada por primera vez con la selección española de fútbol sala". Galicia Ártabra (en castelán). 28 de outubro de 2019. Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Ale de Paz logra su segunda Eurocopa con la selección española de fútbol sala" (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos da futbolista no sitio web oficial do Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino.