Alberte de Esteban

político español
(Redirección desde «Alberto de Esteban Gracia»)

Alberto de Esteban Gracia, máis coñecido como Alberte o Roxo, nado en Ribadeo o 1 de outubro de 1949, é un militante anarcosindicalista e mestre de lingua e literatura galego.

Infotaula de personaAlberte de Esteban
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de anarcosindicalistas aragoneses, logo de estudar náutica na Coruña traballou como oficial de máquinas entre 1968 e 1980. Se ben xa desde novo tiña crenzas anarquistas, en 1973 uniuse á UPG. Foi membro dun comando propagandístico colaborador da fronte militar, sendo preso un mes en 1976, mentres estudaba Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Expulsado do comité do BNPG en 1978, tras rematar a carreira en 1980 traballou nunha cooperativa tipográfica, como actor coa cooperativa teatral Antroido, e desde 1984 é mestre de secundaria de lingua e literatura galega.

Integrado en 1979 na Federación Anarcocomunista Galega, colaborou na publicación Arco da Vella e interveu na reconstitución do sindicato da CNT na cidade compostelá, sendo elixido secretario xeral en 1989 e secretario de prensa en diversas ocasións. Colabora co Ateneu Libertário de Compostela.

Ademais de traducir a Ángel Cappelletti ó galego, escribiu no CNT, A Nosa Terra, Outrasvozes e A Protesta.

Estivo casado con Rosa Bassave.

Notas editar