Alberto Burri, nado en Cittá di Castello (Perugia) o 12 de marzo de 1915 e finado en Niza (Francia) o 13 de febreiro de 1995, foi un artista plástico italiano. Traballou tanto a pintura como a escultura e a súa creación abranguiu varios estilos, arte povera, land art e fluxus entre outros.

Infotaula de personaAlberto Burri

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Città di Castello, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1995 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Niza (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1995)
Reino de Italia (1915–1946)
Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Perugia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , farmacéutico , gravador , artista land , escultor , artista , colaxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor em Wikidata - 1993 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEscultura, Assemblage, pintura e Land art Editar o valor em Wikidata
MovementoFluxus, Nouveau réalisme (pt) Traducir e Arte povera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webfondazioneburri.org… Editar o valor em Wikidata
Discogs: 4000864 Editar o valor em Wikidata


Traxectoria editar

Entre 1934 e 1939 estudou medicina, titulouse en 1940 na Universidade de Perugia e foi médico militar durante catro anos na Segunda guerra mundial. Despois de que a súa unidade fora capturada no Norte de África, foi internado en 1944 nun campo de prisioneiros en Hereford, Texas, onde vai pasar 18 meses de catividade e onde tamén comezou a pintar. Despois da súa liberación en 1946, trasladouse a Roma e adicouse en exclusiva á pintura; a súa primeira exposición individual tivo lugar na Galería La Margherita en 1947. Despois expuxo na Galería Marlborough de Nova York e na galería de France de París.

En 1951, xunto con outros artistas coma Giuseppe Capogrossi o Ettore Colla, fundou en Roma o "Gruppo Origine". Posteriormente marchou ós Estados Unidos, onde impartiu aulas de arte dende 1953 ata 1960. Participou na Documenta 2, 3 e 7 de Kassel. Volveu traballar a Roma a partir de 1960. A súa primeira exposición retrospectiva celebrouse na Bienal de Venecia de 1960; en 1972 celebráronse retrospectivas en Turín e París.

Recibiu a Orde o mérito italiano en 1994. Città di Castello lémbrao cun gran museo permanente das obras.