Alberte Frederico de Prusia

duque de Prusia
(Redirección desde «Alberte Federico de Prusia»)

Alberte Federico (en alemán: Albrecht Friedrich) nado en Königsberg o 7 de maio de 1553 e finado en Fischhausen, Rybaki o 28 de agosto de 1618, foi duque de Prusia dende 1568 até a súa morte. Foi un fillo de Alberte de Prusia e Ana María de Brunswick-Luneburgo. Foi o segundo e derradeiro duque prusiano da póla Ansbach da familia Hohenzollern.

Infotaula de personaAlberte Frederico de Prusia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Albrecht Friedrich von Preußen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1553 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Königsberg, Prusia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1618 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Primorsk, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Duke of Prussia (en) Traducir Ducado de Prusia
20 de marzo de 1568 – 27 de agosto de 1618 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque (1568–1618) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Hohenzollern Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Leonor de Cleves (pt) Traducir (1573, 1573 (Gregoriano)–1608) Editar o valor em Wikidata
FillosAna da Prússia (pt) Traducir, Eleanor of Prussia (en) Traducir, Albrecht Friedrich von Hohenzollern (en) Traducir, Maria da Prússia (pt) Traducir, Sofia da Prússia (pt) Traducir, Madalena Sibila de Saxonia, Wilhelm Friedrich von Hohenzollern (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlbert, Duque da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Marie of Brunswick-Lüneburg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnna Sophie of Prussia (en) Traducir, Elisabeth von Hohenzollern (en) Traducir, Katharina von Hohenzollern (en) Traducir, Friedrich Albrecht von Hohenzollern (en) Traducir, Lucia Dorothea von Hohenzollern (en) Traducir, Lucia von Hohenzollern (en) Traducir e Albrecht von Hohenzollern (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJoaquim I Nestor (pt) Traducir (bisavó) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hohenzollern-89 Find a Grave: 167079514 Editar o valor em Wikidata

Duque de Prusia editar

Converteuse en duque de Prusia despois de prestar homenaxe feudal ó rei de Polonia, Sexismundo II Augusto de Polonia (a Prusia ducal era un feudo de Polonia), o 19 de xullo de 1569 en Lublin.[1] A homenaxe foi descrita polo cronista polaco Jan Kochanowski na súa obra Proporzec ("Estandarte"). Durante a elección polaca de 1573, Alberte Federico tentou obter a aceptación do senado polaco pero opúxoselle o poderoso Jan Zamoyski (máis tarde Grande Hetman da Coroa do Reino de Polonia) quen temía a influencia de protestantes no corpo lexislativo polaco. Alberte Federico inicialmente rexeitou a elección de Estevo I Báthory e apoiou a candidatura de Maximiliano de Habsburgo. Porén, no sejm de Toruń de outubro de 1576 deu o seu apoio ó novo monarca.

Como o bisneto do rei polaco Casimiro IV de Polonia, e como un duque en Prusia que falaba con fluidez polaco, Alberte Federico foi seriamente considerado durante un tempo como un posible candidato para o trono polaco. Gozou particularmente o apoio dos luteranos polacos.

En 1572, comezou a amosar sinais de desorde mental. A comezos de 1578, a rexencia foi asumida polo seu curmán, Xurxo Federico de Brandeburgo-Kulmbach (1539–1603). Despois da morte de Xurxo Federico en 1603, o rei polaco Sexismundo III Vasa nomeou Xoaquín Federico como rexente en 1605, e permitiu ó seu fillo, Xoán Sexismundo, sucederlle en 1611. O último converteuse en duque de Prusia despois da morte de Alberte Federico en 1618.[2]

Notas editar

  1. Carl Wilhelm von Lancizolle. Geschichte der Bildung des preussischen Staats. Erster Theil, vol. 1-2. Berlín e Stettin: Nicolaischen Buchhandlung. 
  2. Stone. A History of East Central Europe. Seattle: University of Washington Press. ISBN 9780295980935.