Albert White Hat

activista lingüístico nativo americano

Albert White Hat (nome lakota Natan Tokahe, que significa "O primeiro en cargar"), nado o 18 de novembro de 1938 e finado o 13 de xuño de 2013 foi un mestre de lingua lakota e un activista da cultura traducional Sicanju Lakota. É coñecido por traducir a lingua lakota para os filmes de Hollywood, como o filme de 1990 Dances with Wolves, e por crear unha ortografía e un compendio moderno do lakota. Tivo sete fillos.

Infotaula de personaAlbert White Hat
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1938
Reserva India de Rosebud, Dacota do Sur, Estados Unidos de América Estados Unidos
Morte13 de xuño de 2013 (74 anos)
Wauneta, Nebrasca, Estados Unidos de América Estados Unidos [1]
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Albert White Hat naceu preto de St. Francis, Dacota do Sur na Reserva India de Rosebud no seo dunha familia tradicional. Era o neto do famoso xefe Hollow Horn Bear."[2]

Durante a súa nenez só falou lakota. Asistiu ó colexio en Spring Creek, Dacota do Sur.[3] Ó contrario que os seus compañeiros do Colexio da Misión Xesuíta de St. Francis, que foron enviados ó internado con cinco anos, el non foi ata os dezaseis.[4]

"Eu medrei cunha morea de persoas maiores, escoitando as historias. E estas historias estaban dentro de min. E logo fun a un internado, e matáronme aquelas historias nese sistema. Saín de alí totalmente avergoñado de quen son, de que son. A finais dos anos sesenta, volvín á cultura, pola miña conta. Deixei medrar o pelo, e comecei a falar a miña lingua. Unha desas veces, fixen o xaxún. Estiven na procura da visión, por cinco anos.[5]

Despois de graduarse no Colexio de St. Francis, tivo diversos traballos.

Mestre de lingua e cultura lakota editar

White Hat loitou polo ensino da lingua lakota no distrito escolar do Condado de Todd, Dacota do Sur cando os seus fillos entraron no colexio nos anos 1960. Daquela, o lakota non formaba parte do currículo educativo de Dacota do Sur. Co tempo aprendeu a crear os seus propios plans de estudos, e converteuse en mestre de lingua Lakota el mesmo.[4] Converteuse en xefe do "Comité para a Preservación da Lingua Lakota" en 1982.[6]

White Hat adicou vinte e cinco anos da súa vida ó ensino da lingua lakota na Universidade Sinte Gleska da Reserva India Rosebud, e converteuse en director do Departamento de Estudos Lakota Sinte Gleska."[6] Desenvolveu un método de ensino que emprega amplos exemplos da cultura Brule Lakota, e chegou a ser coñecido como un estudoso da lingua. El ensinaría a cultura lakota "tanto a membros da tribo como a americanos non nativos."[6] El referíase ó seu método de ensino do seguinte xeito, "cando ensinamos unha lingua a un estudante, deberíamos desenvolver nel outro corazón e outra mente."[7] En 1999 reuniu as notas dos seus estudos nun libro, Reading and Writing the Lakota Language.[8] Foi o primeiro falante nativo de Lakota que publicou un libro de texto e un glosario en dita lingua."[6]

Era un home activo na vida espiritual tradicional dos lakota. O seu amigo Cyril Scott, o Presidente Tribal dos Sioux de Rosebud Sioux, referiuse a el coma "un gran mestre" e un "líder espiritual".[6][9] White Hat falaba a miúdo en conferencias e reunións, incluíndo a conferencia de 2008 "Planning for Seven Generations" celebrada en Boulder, Colorado,[10] e era moi coñecido dentro dos circuítos dos powwow.[6] A "Lakota Documentaries" video by Don Moccasin (1948–2009) features Albert White Hat speaking about the survival of the Lakota language, in Lakota with English language subtitles.[11]

Cita editar

We have a very simple statement of our philosophy. We say 'All my relatives.'[10]
Temos unha declaración moi sinxela da nosa filosofía. Dicimos "Todos os meus parentes".
Albert White Hat.

Obras editar

Premios editar

  • Outstanding Indian Educator Award (1995)[11]
  • National Indian Education Association Indian Elder of the Year (2001)
  • Living Indian Treasure Award (2007)

Notas editar

  1. "Albert White Hat, Sr. Obituary - Wauneta, Nebraska - Tributes.com". Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  2. Post Store. "Albert White Hat, preserver of Lakota language, dies at 74". The Washington Post. Consultado o 2013-06-30. 
  3. "Albert White Hat, Sr.: Life and Work". World Wisdom. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Andrews, John (2009). "Saving their Language: Speakers Try to Revive Laktoa and Dakota Before They Disappear". South Dakota Magazine: Celebrating Life in South Dakota (March/April). Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  5. "This Isn't History". New Perspectives on The West (PBS) (Eight (1887-1914), One Sky Above Us). Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Eaton, Kristie (2013-06-18). "Author, teacher of endangered Lakota language dies". Boston.com. Consultado o 2013-06-21. 
  7. "Reading and Writing the Lakota Language: Albert White Hat Sr., Jael Kampfe, Vine Deloria Jr.: 9780874805727". Amazon.com: Books. Consultado o 2013-06-29. 
  8. "Lakota Educator, Author, and Linguist Albert White Hat Walks On - ICTMN.com". Indian Country Today Media Network. 19 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  9. "Albert White Hat passes to the spirit world". Indianz.Com > Native Sun News. 20 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  10. 10,0 10,1 "Albert White Hat". Tribes & Climate Change. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  11. 11,0 11,1 Antoine, Dr. Jurgita. "Albert White Hat and Lakota Language Preservation". Tribal College Journal of American Indian Higher Education. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

External links editar