Alba Messa
Alba Messa, nada en Lugo o 20 de outubro de 1986, é unha actriz, xornalista, cantante e realizadora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1990 (34 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Sitio web | albamessa.com |
Traxectoria
editarEn 1998, pisou por primeira vez os escenarios de TVG, no concurso infantil "Téquele, Téquele", proclamándose gañadora. A este concurso seguiríanlle moitos outros como o "Veo Veo" (TVE), "Miúdas Estrelas" (Antena 3), "Éxito" (TVG) etc. Mentres se convertía nunha adolescente continuou formándose, pasando á Escola de Músicos (A Coruña) onde estudou canto moderno con Carmen Rey. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Compaxinou a súa carreira coas actuacións musicais, o telefilme de LugoPress "Herexes: o libro máxico", traballos como presentadora e, no último ano a serie da TVG "Os Atlánticos", pola que cambiou o seu lugar de residencia á Coruña.
En televisión participou en “Ciega a Citas” (Cuatro) e na terceira tempada de Isabel (TVE).