Alba Mancebo
Alba Mancebo Soto, coñecida como Alba Mancebo, nada en Cambeda (Vimianzo) en 1993,[1] é unha xornalista e presentadora de tv galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 (30/31 anos) Cambeda, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Université de Tours (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Alberto Mancebo |
Traxectoria
editarGraduouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, despois de facer un curso na Universidade de Tours.
Traballou un ano na Radio Galega colaborando nos informativos e A tarde. En 2017 pasou ao departamento de Contidos Web da TVG. Participou en A Revista, falando dos contidos da rede. No 2018 creou a sección #instaGal para promover a lingua a través do Instagram da @TVGalicia. Foi nomeada xefa de Servizo[2] do Departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG.[3]
En 2020 foi a presentadora do programa Os Castros, da TVG.[4] Foi condutora do programa dos Fogos do Apóstolo 2022 con Noelia Rey e Arturo Fernández.[5] Tamén con Arturo Fernández conduciu os Eventos G da TVG en 2022.[6]
Participou en Ciencias da Comunicación (USC) no curso Escribir para as redes sociais achegando a súa experiencia.[7] Foi pregoeira do Asalto ao Castelo de Vimianzo en 2019.[8] En 2023 foi unhas das presentadoras dos Premios Mestre Mateo en Ourense.[9]
É irmá do tamén xornalista Alberto Mancebo.
Premios
editar- 2019: Premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Onscreen Talent) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.[10]
- 2020: Finalista nos Premios Mestre Mateo no apartado de Mellor comunicador de televisión.
Notas
editar- ↑ "Compostimes". Compostimes. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Corporación Radio y Televisión de Galicia" (en castelán). 2023-01-28.
- ↑ CTNL, Publicado por. "Alba Mancebo LGx15". Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Os castros CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "tendencias". elcorreogallego.es.
- ↑ Redacción (2022-09-09). "‘Eventos G’ métese entre bastidores da orquestra coruñesa Los Satélites na TVG". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Ciencias da Comunicación impulsa o curso ‘Escribir para as redes sociais’". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "La periodista Alba Mancebo, pregonera del Asalto ao Castelo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-16. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ García, Por Alicia Alonso (2023-03-08). "Coñece ás compañeiras que anunciarán as gañadoras dos XXI Mestre Mateo". Premios Mestre Mateo. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ costa, que pasa na (2019-04-16). "A xornalista vimiancesa Alba Mancebo, mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas". que pasa na costa. Consultado o 2023-03-15.