Alba Caride
Alba Caride Costas, nada en Vigo o 24 de abril de 1980, é unha ex-ximnasta galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1980 (44 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | gimnasta rítmica |
Deporte | ximnasia rítmica |
Participou en | |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
Traxectoria
editarReside en Valladolid desde a súa infancia. Foi campioa de España en ximnasia rítmica en 1997[1] e representou o seu país en diversas competicións internacionais incluíndo os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou as semifinais.
Formou parte da selección española desde outubro de 1994 ata xullo de 2000, ano da súa retirada. As súas adestradoras foron, por orde cronolóxica, Sonia Conde, Silvia Yustos, Emilia Boneva, Mar Lozano, Ana Bautista e Dalia Kutkaite.
Os mellores resultados da súa carreira foron:
- 5ª no Europeo Júnior de Salónica en 1994.
- Semifinalista (19ª) en Atlanta 1996.
- 6ª en cinta no mundial de Budapest 1996.
- 13ª no Europeo de Patras en 1997.
- 5ª no Campionato do Mundo 1999 co equipo español de ximnasia artística.
Notas
editar- ↑ "Caride, campeona de España", El Mundo, 30 de xuño de 1997 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alba Caride |