Aladár Gerevich

esgrimista húngaro

Aladár Gerevich, nado en Jászberény o 16 de maio de 1910 e finado en Budapest o 14 de maio de 1991, foi un tirador de esgrima húngaro especializado en sabre, gañador de dez medallas olímpicas, sete delas de ouro.

Aladár Gerevich
Aladár Gerevich (1960).jpg
Nacemento16 de marzo de 1910
Lugar de nacementoJászberény
Falecemento14 de maio de 1991
Lugar de falecementoBudapest
SoterradoCemitério de Farkasréti
NacionalidadeHungría
Ocupaciónesgrimista
CónxuxeErna Bogen-Bogáti
FillosPál Gerevich e György Gerevich
PremiosOrdem Olímpica e honorary citizen of Jászberény
Na rede
Olympic.org: aladar-gerevich Find a Grave: 15196256 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Gerevich é polo seu palmarés un dos deportistas olímpicos máis recoñecidos da historia. Xunto á alemá Birgit Fischer ten o mérito de gañar medallas de ouro en seis citas diferentes, e é o único que venceu na mesma proba (sabre por equipos) seis veces, con vinte e oito anos de diferenza entre a primeira e a última vez, só superado en 2012 polo xinete Mark Todd. Ademais triunfou en repetidas ocasións no Campionato do Mundo de Esgrima. Dentro da súa familia tanto a súa dona Erna Bogen, como o seu sogro Albert Bogen e o seu fillo Pal Gerevich gañaron medallas olímpicas en esgrima.

Perfeccionou a súa técnica co mestre de armas italiano Italo Santelli. Participou nos Xogos Olímpicos de 1932 levando a medalla de ouro por equipos, revalidando o título en 1936 canda a medalla de bronce en individual, en 1948 onde tamén o fixo coa de bronce, en 1952 levando tamén prata en sabre individual e florete por equipos, en 1956 e 1960. Durante a selección para estes últimos xogos olímpicos o comité nacional de esgrima cuestionou a súa escolla pola súa idade, e para acalar as queixas Gerevich retou a cada compoñente do equipo húngaro de sabre a baterse con el, vencendo individualmente a todos e cada un deles.

Ao longo da súa carreira foi nove veces campión do mundo, cinco europeo e trinta e catro húngaro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar