Alahis

(Redirixido desde «Alachis de Trento»)

Alahis (ou Alagis) foi un duque ariano de Trento e Brescia antes de se converter en rei dos longobardos despois do éxito da súa rebelión en 688. Con todo, non gobernou moito tempo.

Alahis
Nacementoséculo VII
Lugar de nacementoItalia
Falecemento689
Lugar de falecementoCornate d'Adda
CausaMorto en combate
Ocupaciónaristócrata e monarca
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa primeira rebelión contra o rei Perctarito fracasara, pero o rei capturouno, perdoouno e soltouno. Volveuse rebelar en 688 cando Cuniperto, o fillo de Perctarito, o sucedeu. Forzou a Cuniperto a se exiliar nunha illa no medio do Lago de Como, pero o seu goberno foi gravoso e tiránico, e perdeu o apoio do pobo. Finalmente, en 689, Cuniperto levantouse cos homes do Piemonte e derrotou a Alahis e os homes de Venecia na Batalla de Coronate, nas beiras do Río Adda, nas proximidades de Lodi. Foi vencido e morto na batalla.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Reino longobardo

Segue a:
Cuniperto
Alahis
Precede a:
Cuniperto