Coordenadas: 25°22′20″N 51°12′17″L / 25.37222, -51.20472

Al Shahaniya (en árabe الشحانية ), tamén coñecido como Ash Shahaniya, é un municipio de Qatar.

Localización do municipio de Al-Shahaniya en Qatar.

Xeografía editar

Situado no centro oeste do país, ocupa unha superficie de 3 299 km2. A súa poboación, no ano 2015, era de 187 571 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 57 hab./km2

A súa capital é a cidade do mesmo nome, que en 2015 reunía á maior parte da poboación do concello, 138 509 habitantes.[1] A cidade de Al Shahaniya é, polo tanto, o asentamento máis grande do municipio, e tamén do centro de Qatar.[2]

Encóntrase a medio camiño entre Dukhan e a capital, Doha, e está situada xusto ao lado da autoestrada Dukhan. Como centro urbano, serve como lugar de reunión para os habitantes dos asentamentos rurais circundantes, como Rawdat Rashed e Al Khurayb.[3] A maioría das actividades asócianse coas carreiras de dromedarios e de órices que se celebran en Qatar dentro do municipio.[2]

Historia editar

Anteriormente formaba parte do municipio de Al Rayyan, pero desde 1988 é un concello independente, delimitándose pola Ley nº 22 dese ano.[4] En 2014, o goberno aprobou unha disposición que modificaba algunahs disposicións da lei de 1988, configurando así a Al Shahaniya como o oitavo municipio en poboación de Qatar.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "2015 Population census" (PDF). Ministry of Development Planning and Statistics. April 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Al Rayyan and Al Shahhaniya Municipality: Vision and Development Strategy" (PDF). Ministry of Municipality and Environment. December 2017. p. 13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  3. "Al Rayyan and Al Shahhaniya Municipality: Vision and Development Strategy" (PDF). Ministry of Municipality and Environment. December 2017. p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  4. "Law No. 22 of 1988 On the Delimitation of the City of Ash-Shahaniyah". almeezan.qa. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  5. "Cabinet ratifies law on Al Shahaniya borders". Qatar Tribune. 18 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2018.