Al-Mutawakkil

Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq.

Al-Mutawakkil
Al-Mutawakkil.png
Nacementomarzo de 822
Lugar de nacementoSamarra
Falecemento11 de decembro de 861
Lugar de falecementoSamarra
NacionalidadeAbbásida
EtniaÁrabes
RelixiónIslam
OcupaciónCalifa
PaiAl-Mu'tasim
FillosAl-Muntasir, Al-Mu'tazz, Al-Mu'ayyad, Al-Mu'tamid e Almuafaque
IrmánsAl-Wathiq
editar datos en Wikidata ]
Mesquita de Samarra.
Califato abasí no ano 850.

Apaixonado polas grandes construcións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construíndo nela 20 palacios.

No tocante á política, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiítas, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruír igrexas, sinagogas e o importante santuario xiíta de Husayn ibn Ali en Kerbala.

A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.

Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospéitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar