Axel Nielsen, que cambiou o seu nome a Aksel Sandemose, nado o 19 de marzo de 1899 en Nykøbing Mors, Illa de Mors, e finado o 5 de agosto de 1965 en Copenhague, foi un escritor danés que reflectiu na súa obra ideas de Sigmund Freud. Nas súas novelas o tema psicolóxico mestúrase coa trama policíaca, empregando unha linguaxe simbólico-mítica, achegándose sátira. A súa obra mestra considérase Det svundne er en drøm (1946), aínda que tamén son importantes Varulven (1958) e En flyktning krysser sitt spor (1933), esta última expón os principios da Lei de Jante e describe a represión das aspiracións do individuo e o desenvolvemento persoal polo colectivo, tema principal das súas obras. En 1959 obtivo o Premio Dobloug da Academia de Suecia.

Aksel Sandemose
Nome completoAxel Nielsen
Nacemento19 de marzo de 18pp
 Nykøbing Mors, Illa de Mors
Falecemento5 de agosto de 1965
 Copenhague
SoterradoVestre gravlund
NacionalidadeDinamarca
EtniaPobo noruegués
Ocupaciónescritor e xornalista
FillosBjarne Sandemose e Jørgen Sandemose
XénerosNovela
Coñecido/a porA Fugitive Crosses His Tracks
PremiosDoblougprisen, Emma Bærentzens Endownment e Legado de Gyldendal
Na rede
IMDB: nm0761378 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía Editar

De pai danés e nai norueguesa, viviu nos Estados Unidos, Canadá e as Antillas antes de mudarse en 1930 a Noruega, onde ficou até que en 1941 os nazis invadiron o país e fuxiu a Suecia porque participaba no movemento de resistencia norueguesa. Tras a guerra retornou a Noruega e estableceuse en Risør. Ademais de escribirm traballou como leñador, mariñeiro en Terra Nova, mestre e xornalista.

Obras Editar

  • 1923 Fortællinger fra Labrador
  • 1924 Ungdomssynd
  • 1924 Mænd fra Atlanten
  • 1924 Storme ved jævndøgn
  • 1927 Klabavtermanden
  • 1928 Ross Dane
  • 1931 En sjømann går i land
  • 1932 Klabautermannen
  • 1933 En flyktning krysser sitt spor
  • 1936 Vi pynter oss med horn
  • 1939 September
  • 1945 Tjærehandleren
  • 1946 Det svundne er en drøm
  • 1949 Alice Atkinson og hennes elskere
  • 1950 En palmegrønn øy
  • 1958 Varulven
  • 1960 Murene rundt Jeriko
  • 1961 Felicias bryllup
  • 1963 Mytteriet på barken Zuidersee