Aj Ne' Ohl Mat

gobernante de Palenque
(Redirección desde «Aj Ne' Yohl Mat»)

Aj Ne' Ohl Mat ou Ajen Yohl Mat, finado o 8 ou 11 de agosto de 612, foi un ahau do señorío maia de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. Gobernou do 605 ó 612 e tamén é coñecido como Ac Kan ou Ah Lawal Mat.

Aj Ne' Ohl Mat
Gobernante de Palenque

Reinado605612
Falecemento8 ou 11 de agosto de 612
PredecesorYohl Ik'nal
SucesorSak K'uk'
ProxenitoresK'an Mo' Hix?
Yohl Ik'nal

Traxectoria editar

É moi probable que sexa fillo da súa antecesora Yohl Ik'nal e irmán de Janaab' Pakal (Pakal “o Vello”).[1][2] De acordo á conta longa do calendario maia, Aj Ne' Ohl Mat foi entronizado o 9.8.11.9.10 8 ok 18 muwan, é dicir, o 1 de xaneiro do ano 605. Durante o seu goberno, a influencia do señorío de B'aakal chegou até Santa Elena, á marxe esquerda do río San Pedro Mártir, lugar que sería unha fonte constante de conflito co señorío de Kaan, cuxa sede foi Calakmul, aínda que probablemente nesa época a sede se atopase en Dzibanché.[3]

O 4 ou 7 de abril de 611, o “divino señor de Kaan” ou k'uhul Kaan ajaw, coñecido como Serpe Enrolada, derrotou a Palenque.[4][5] Aj Ne' Ohl Mat e o seu irmán Janaab' Pakal sobreviviron ó ataque. Trala derrota, a sociedade palencana dividiuse, unha parte emigrou a Tortuguero e outra regresou novamente a Palenque. Aj Ne' Ohl Mat morreu o 9.8.19.4.6 2 kimi 14 mol.[6] Mentres tanto o seu irmán Janaab' Pakal exerceu algunha clase de poder en Santa Elena, pero non accedeu ó trono de Palenque de maneira oficial, pois morreu o 6 de marzo de 612, antes que Aj Ne' Ohl Mat; o seu nome está descrito no sartego de Pakal o Grande.[4][7]

Aínda que Sak K'uk' foi a sucesora de facto en Lakam Ha', houbo unha crise dinástica no señorío de B'aakal. Unha facción da nobreza palencana, encabezada por Ik' Muuy Muwaan, estabeleceuse en Tortuguero.[8] De feito, en Palenque non existen rexistros que indiquen as celebracións do final do katún do ano 613 (9.9.0.0.0 3 ajau 3 zotz).[9]

Notas editar

  1. O epigrafista Peter Mathews suxeriu o nome de Pakal “the Elder” para evitar confundir a este personaxe co seu neto.
  2. Skidmore, 2008; 56: Karen Bassie-Sweet suxeriu que Janaab' Pakal puido ser esposo de Yohl Ik'nal e ambos os pais de Sak K'uk' (Skidmore, 2008; 57)
  3. Skidmore, 2008; 54
  4. 4,0 4,1 Bernal, 2012; 3
  5. Skidmore, 2008; 62
  6. Skidmore, 2008; 63
  7. Skidmore, 2008; 65
  8. Bernal, 2011; 283
  9. Bernal, 2011; 287

Véxase tamén editar

Bibliografía editar