Abrir o menú principal

Aitor Gorosabel Garai, nado en Éibar o 2 de febreiro de 1970, é un cantante e guitarrista vasco pertencente ao grupo de heavy metal Su Ta Gar.

Aitor Gorosabel
AitorGorosabel2.jpg
Nome completoAitor Gorosabel Garai
Nacemento2 de febreiro de 1970
OrixeÉibar
Ocupaciónguitarrista
Relacionado conSu Ta Gar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha familia vascoparlante. É o terceiro de catro irmáns e todos eles teñen relación coa música. Súas dúas irmás, Aintzira e Amaia, son profesoras de música, e seu irmán Mikel, alias Norton, é cantante e guitarrista de EH Sukarra. Aitor comezou tocando o piano con 5 anos cos seus irmáns. En 1º e 2º de EXB estudou solfexo aplicado ao piano, aínda que a guitarra aprendeuna a tocar de xeito autodidacta. Tamén estudou publicidade.

Aos doce anos empezou a tocar a guitarra española imitando a Norton, seu irmán, quen contaba con 14 anos de idade, e escoitaba punk e rock radical vasco. Pouco despois descubriu a guitarra eléctrica e empezou a escoitar grupos como Accept, Judas Priest, Iron Maiden e a guitarristas como Steve Vai e Joe Satriani. Na ikastola e no instituto onde estudou fixo amizade con Xabier Bastida, Asier Osoro e Borxa Arrillaga, con quen formaría en 1987 o grupo Su ta gar, do que se converteu en voz principal, guitarra solista e compositor. Su Ta Gar acabou cantando en euskara sendo os pioneiros do heavy metal nesa lingua e creando escola dentro do metal vasco.