Société Nationale Malgache de Transports Aériens, Société Anonyme,[1] operando como Air Madagascar, é a aeroliña nacional de Madagascar con sede en Antananarivo.[1] Opera servizos cara Europa, Asia e África dende a súa base principal no aeroporto internacional Ivato en Antananarivo. A compañía tamén opera unha extensa rede doméstica.

Air Madagascar
IATA
MD
OACI
MDG
Indicativo
AIR MADAGASCAR
Fundación1947
Aeroporto principalaeroporto internacional Ivato
Plan de voo frecuenteNamako
AlianzaVanilla Alliance
Frota10
Destinos17
Páxina web: https://www.airmadagascar.com

A aeroliña naceu no ano 1947 para alimentar voos de Transports Aériens Intercontinentaux e Air France, e tras a independencia de Madagascar converteuse na aeroliña de bandeira do país. Inicialmente operaba servizos domésticos, pero a compañía expandiuse a finais dos 60 cando comezou a operar rutas internacionais a destinos como Francia e Suráfrica.

Nos últimos anos intentrouse privatizar a compañía sen éxito. O proceso de privatización atópase parado e a aeroliña pertence na súa maior parte ao goberno de Madagascar.

En outubro de 2021, Air Madagascar, colocada baixo control, fusionarase coa súa filial Tsaradia para relanzar e converterse en Madagascar Airlines.

Frota editar

En maio de 2018 a frota de Air Madagascar estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Air Madagascar
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y+ Y Total
Airbus A340-300 2 30 21 224 275
ATR 72-500 2 8 62 70
ATR 72-600 2 10 62 72
Boeing 737-800 1 8 156 164
de Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter 3 19 19
Total 10

Notas editar

  1. Air Madagascar (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  2. Air Madagascar (ed.). "Flotte et maintenance". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar