Ainu Mosir

filme de 2020 dirixido por Takeshi Fukunaga

Ainu Mosir (en ainu: アイヌモシㇼ; lit. a terra dos ainus; Hokkaido) é un filme de 2020 dirixido por Takeshi Fukunaga. É unha coprodución entre o Xapón, a China e os Estados Unidos, e conta a historia dun rapaz ainu e os seus conflitos entre os seus pensamentos persoais, o Xapón moderno e o xeito tradicional de vida dos ainus. O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca en abril de 2020.

Ainu Mosir
Ficha técnica
Título orixinalアイヌモシㇼ
DirectorTakeshi Fukunaga
ProdutorEric Nyari
Harue Miyake
GuiónTakeshi Fukunaga
IntérpretesKanto Shimokura
Debo Akibe
Emi Shimokura
Toko Miura
Lily Franky
MúsicaClarice Jensen
FotografíaSean Price Williams
MontaxeKeiko Deguchi
EstreaFestival de Cinema de Tribeca: abril de 2020[1]
Duración84 minutos
Orixe Xapón
China
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt9140354 Netlix: 81349040Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Kanto é un rapaz ainu de 14 anos que vive nunha pequena vila en Hokkaido.[2] A súa nai ten unha tenda de agasallos ainu, despois de que o seu pai morrese. Kanto está descontento coa vida na vila, e desexa afastarse dela e da súa herdanza ainu, e vivir nunha gran cidade moderna. A vila en si é unha comunidade ainu tradicional que sobrevive a través da industria do turismo.

Despois da morte do seu pai, entra en contacto cun ancián ainu, Debo (Debo Akibe), un amigo do seu pai, que lle mostra algúns dos camiños dos ainus. Os residentes ainus da vila están recuperando unha tradición perdida chamada Iomante, unha controvertida matanza ritual dun oso, coa que algúns están de acordo, e outros ven como unha práctica que debería cambiarse. Kanto descobre o oso, gardado en segredo no bosque. Unha xornalista xaponesa (Lily Franky), visita a vila e entrevista os ainus sobre a súa situación actual, tratando tamén o ritual Iomante. Kanto segue visitando o oso no bosque, facendo amizade con el, e despois decide que non está de acordo co ritual.[3]

Kanto atopa cintas de vídeo dos rituais de Iomante e míraas. Kanto comeza a descubrir a súa cultura, incluíndo algúns dos elementos máis místicos, e finalmente chega a apreciar algúns dos rituais.[4]

Personaxes editar

  • Kanto Shimokura como Kanto
  • Debo Akibe como Debo
  • Emi Shimokura como Emi
  • Lily Franky como xornalista xaponesa

Notas editar

  1. "Ainu Mosir". Tribeca Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  2. Winkelman, Natalie (17 de novembro de 2020). "'Ainu Mosir' Review: A Crisis of Cultural Identity". The New York Times. 
  3. Schilling, Mark (21 de outubro de 2020). "'Ainu Mosir': A coming-of-age tale, respectfully told". The Japan Times. 
  4. Lang, Jamie (11 de novembro de 2020). "Ava DuVernay's Array Releasing Drops Trailer for Takeshi Fukunaga's Netflix-Bound 'Ainu Mosir'". Variety. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar